The American Analog Set (ás veces referida como AmAnSet) foi unha banda de indie rock estadounidense porcedente de Austin, Texas formada no ano 1995. Ata a data leva editados seis álbums de estudio.
Formada en 1995, o primeiro son da banda estaba moi influenciado polo krautrock, o post-rock e por bandas británicas de shoegaze como Cocteau Twins, e adoitaba a ter longas pasaxes instrumentais. Co paso do tempo os seus temas foron acurtándose e pasaron a ter unha sonoridade máis pop.
O grupo está liderado polo vocalista, compositor e compositor Andrew Kenny. Outros membros que están ou pasaron pola banda son Lee Gillespie, Mark Smith, Craig McCaffrey, Tom Hoff, Lisa Roschmann e Sean Ripple. Lisa Roschmann, unha das fundadoras, deixou o grupo a finais de 1999; Hoff e Ripple uníronse a principios do ano 2000 e McCaffery substituíu a Hoff no 2003.
En outubro do 2005 falouse a través de Internet da posibilidade da disolución de The American Analog Set. A banda rapidamente respondeu a eses rumores, pero engadiron que non realizarían concertos debido ás súas obrigas con outros proxectos.[1]