47.822 (1968) censo 47.221 (1975) censo 46.197 (1982) censo 42.876 (1990) censo 43.171 (1999) censo 42.096 (2006) censo 41.776 (2011) censo 41.970 (2013) 42.081 (2015) 44.629 (2016) 41.740 (2017) censo 41.711 (2018) censo 41.603 (2019) censo 41.407 (2020) censo 41.086 (2021) censo 41.423 (2022) censo 41.908 (2023) censo
Angoulême (Iculisma) conquistouna Clodoveo I aos visigodos no ano 507, os normandos conquistárona no século IX. En 1360 polo Tratado de Brétigny pasou a poder inglés, pero foron expulsados en 1373 polas tropas de Carlos V de Francia, que deu á cidade numerosos privilexios.
Durante as Guerras de Relixión resultou duramente afectada, en especial en 1568 cando os protestantes a capturaron.
O condado de Angoulême data do século IX, a liñaxe de William Taillefer retivo o condado ata o século XII. Pasou ao rei Xoán de Inglaterra polo seu matrimonio coa filla do Conde Adhémar. En 1220 pasou á familia Lusignan, condes de Marche. En 1302 pasou á coroa. En 1394 o condado pasou á casa de Orleáns, un dos seus membros, Francisco I de Francia, converteuse en rei de Francia en 1515.
Nota: Este gráfico xerouse automaticamente a partir de datos recollidos de Wikidata. Se precisa cambiar ou actualizar algún dos datos, fágao no propio Wikidata.