Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Bikonta »)
Os bicontos ou Bikonta son organismos eucariotas formados por células con dous flaxelos desenvolvidos segundo un proceso único [ 1] . É un dos dous grandes clados dos eucariotas; o outro son os Unikonta . Outro trazo compartido polos Bikonta é a fusión de dous xenes de encimas nun só xene, que son os xenes para a timidilato sintase (TS) e a dihidrofolato redutase (DHFR), que codifican unha soa proteína con dúas funcións (Cavalier-Smith, 2006). Estes xenes tradúcense por separado nos Unikonta.
Algunhas investigacións suxiren que un Unikonta (unha célula eucariota cun só flaxelo) foi o antepasado de Opisthokonta e Amoebozoa , entanto que un Bikonta o foi de Archaeplastida , Excavata , Rhizaria , e Chromalveolata (que inclúe Chromista e Alveolata ). Cavalier-Smith suxeriu que os Apusozoa , que tipicamente son considerados incertae sedis (de clasificación insegura), son, de feito, Bikonta.
As relacións entre os Bikonta non están aínda claras. Cavalier-Smith agrupou os Excavata e Rhizaria no grupo Cabozoa e os Archaeplastida e Chromalveolata no grupo Corticata , pero outros estudos suxeriron que os Rhizaria e Chromalveolata forman un clado .[ 2]
A seguiente árbore filoxenética mostra as relacións entre os principais grupos de Eukarya de acordo coas ideas de Cavalier-Smith .[ 3] [ 4]
Lenda: [A] Eukarya ancestral heterótrofo uniflaxelado e unicentriolar ; mitocondrias con cristas tubulares. [B] Biflaxelado ancestral. [C] Fusión de xenes DHFR-TS. [D] Fusión tripla de xenes da biosíntese da pirimidina . [E] Alvéolos corticais . [F] Adquisición de cloroplastos por endosimbiose secundaria cunha alga verde (clasificadas dentro de Viridiplantae ). [G] Flaxelo posterior e mitocondrias con cristas planas. [H] Inserción de EF1-alfa. [I] Aparición dos cloroplastos por endosimbiose primaria cunha cianobacteria . [J] Adquisición de cloroplastos por endosimbiose secundaria cunha alga vermella (Rhodophyta ). [K] Inserción de poliubiquitina . [L] Suco de alimentación ventral. [M] Pelos tubulares en flaxelos, e plastos dentro do retículo endoplasmático rugoso.