Saltar ao contido

Califóridos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Calliphoridae»)
Califóridos
 Nome taxon
    Calliphoridae Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
Características
 Ciclo diurno
 Categoría taxonómica
Clasificación taxonómica
SuperreinoHolozoa
ReinoAnimalia
FiloArthropoda
ClaseInsecta
OrdeDiptera
SuperfamiliaOestroidea
FamiliaCalliphoridae Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Freebase/m/02f19w Editar o valor en Wikidata
MeSHD000086542 Editar o valor en Wikidata
OpenAlexC2778207175 Editar o valor en Wikidata
ITIS151495 Editar o valor en Wikidata
OTT1011003 Editar o valor en Wikidata
CoL7KK Editar o valor en Wikidata
EOL493 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Os califóridos[4] (Calliphoridae)[5] son unha familia de insectos dípteros (moscas), con case 1900 especies coñecidas. As larvas ou careixas destes insectos ás veces úsanse como isco para pescar.[6] Sábese que a familia é polifilética, pero moitos aspectos do mellor tratamento taxonómico que se lles pode dar ás especies que contén seguen estando en discusión,[7] e algunhas subfamilias deste taxón reciben ás veces o rango de familia propia (por exemplo, Bengaliidae e Helicoboscidae).[8]

Descrición

[editar | editar a fonte]

Características

[editar | editar a fonte]

Os califóridos adultos adoitan ser moscas brillantes con cores metálicas, con frecuencia con tórax e abdomes azuis, verdes ou negros. As antenas son aristadas e con tres segmentos. As aristas (sedas das antenas) son plumosas en toda a súa lonxitude, e o segundo segmento antenal está estriado. Os membros de Calliphoridae teñen veas Rs 2 ramificadas, suturas frontais e calípteros ben desenvolvidos.[9] As características e disposición das quetas similares a pelos utilízanse para diferenciar os membros desta familia. Todos teñen quetas localizadas no meron. Ter dúas quetas notopleurais e unha queta posthumeral máis traseira localizada lateralmente respecto da queta presutural son dúas características que se deben examinar para identificar esta familia.[Cómpre referencia]

O tórax ten a sutura dorsal continua na parte media, xunto cun ben definido calli posterior. O postescutelo está ausente ou debilmente desenvolvido. A costa non está rota e a subcosta é aparente no insecto.[10][11][12]

Desenvolvemento

[editar | editar a fonte]

A maioría das especies de califóridos estudadas ata agora son anautóxenas; unha femia necesita unha cantidade substancial de proteínas para desenvolver ovos maduros nos seus ovarios (uns 800 μg por par de ovarios en Phormia regina). A teoría actual é que as femias visitan a prea tanto para conseguiren proteínas coma para poñeren ovos, pero isto non está aínda probado. Os ovos, normalmente amarelados ou brancos, miden aproximadamene 1,5 mm × 0,4 mm, e cando os poñen, parecen grans de arroz. Aínda que as femias poñen habitualmente 150–200 ovos por lote, son xeralmente iteróparas, poñendo arredor de 2000 ovos durante a súa vida. A proporción de sexos nos ovos postos adoita ser 50:50, pero unha excepción son as femias de dúas especies do xénero Chrysomya (C. rufifacies e C. albiceps), que son ou ben arrenoxénicas (poñen só ovos que dan descendentes machos) ou ben telixénicas (só dan lugar a descendencia feminina).[Cómpre referencia]

A eclosión dun ovo para dar lugar o primeiro estado larval tarda dunhas 8 horas a un día. As larvas pasan por tres estadios ou ínstares de desenvolvemento que están separados por un episodio de muda. Os estadios son separables examinando os espiráculos posteriores (aberturas do sistema respiratorio).[13]

Larva de Calliphora erythrocephala. O exoesqueleto mide uns 16,5 mm de longo. Os ganchos da boca son os obxectos escuros á esquerda.

As larvas usan encimas proteolíticos nas súas excretas (así como a trituración mecánica cos ganchos da boca) para degradar as proteínas no gando ou cadáveres nos que se están alimentando. Son poiquilotermas e a velocidade á que crecen e desenvolven depende moito da temperatura e da especie. A unha temperatura duns 20 °C, Phormia regina pode cambiar de ovo a pupa en 150–266 horas (de 6 a 11 días). Cando se completa o terceiro estadio larval, abandona o cadáver sobre o que está e entérrase no chan para pupar, emerxendo como adulto de 7 a 14 días despois.[Cómpre referencia]

Fontes de alimentos

[editar | editar a fonte]

Os adultos son polinizadores ocasionais, ao seren atraídos a flores que teñen un forte cheiro que lembra ao da carne descomposta, como a Asimina triloba ou a Helicodiceros muscivorus. Hai poucas dúbidas de que estas moscas usan o néctar como fonte de carbohidratos para a obtención de enerxía para o voo, pero non se sabe como e cando ocorre isto. Un estudo mostrou que o estímulo visual que estas moscas reciben polos seus ollos compostos é responsable de causar que se estendan as patas á súa posición de voo que lle permiten pousarse sobre calquera superficie.[14]

As larvas da maioría das especies aliméntanse de prea e excrementos, e a maioría probablemente constitúen a maioría das careixas atopadas en tales materiais, aínda que non é infrecuente que estean en estreita asociación con outras larvas de dípteros das familias Sarcophagidae e Muscidae e moitas outras moscas acaliptradas.[Cómpre referencia]

Predadores

[editar | editar a fonte]

Os predadores dos califóridos son arañas,[15] escaravellos, ras e aves, incluíndo as galiñas.

No deserto mexicano de Chihuahua o fungo Furia vomitoriae (Rozsypal) Humber (1989) (da familia Entomophthoraceae) afecta algúns califóridos. Forma masas de conidióforos que fan erupción polas áreas intersegmentais (ou bandas claras) no dorso abdominal das moscas infectadas e acaba por matalas.[16]

Interaccións hóspede-microbio

[editar | editar a fonte]

Os califóridos aliméntanse e desenvólvense en substratos densos en microbios e quimicamene dinámicos como a prea e feridas necróticas.[17] Como estas moscas, as súas larvas e a microbiota asociada ao necrobioma realizan unha partición de recursos,[18][19] a miúdo actúan como vectores de patóxenos[20] e realizan unha bacterivoría facultativa. A dixestión bacteriana realizada polas larvas da mosca Lucilia sericata está ben demostrada para algúns microorganismos como Escherichia coli [21][22] pero hipotetizouse que outros taxons microbianos son evitados ou excluídos dunha dixestión significativa.[23] Aínda que se sabe que as bacterias Providencia spp. son prexudiciais para as larvas de Cochliomyia macellaria en condicións gnotobióticas[24] e varias especies de califóridos benefícianse de alimentarse en "ambientes microbianos mixtos" gnotobióticos,[25] en xeral, as especificidades taxonómicas e mecanismos causais detrás deste fenómeno seguen sen coñecerse, o que axudarían a definir a persistencia microbiana pasiva nos tecidos animais de parasitismo ou mutualismo (simbiose) . Por exemplo, un estudo demostrou que Lactobacillus, Proteus, Diaphorobacter e Morganella eran os principais taxons asociados coas glándulas salivares do terceiro estadio larval de Lucilia sericata (en orde decrecente);[26] o que suxire un balance aparente entre as bacterias grampositivas produtoras de ácido láctico e os taxons microbianos gramnegativos produtores de urease.[26] Malia este esquema mencionado, os estudos sobre o efecto dos niveis de pH do substrato alterados no desenvolvemento das larvas da mosca aínda teñen que ligar os seus descubrimentos coas preferencias de pH específicas de hóspede das moscas, a fermentación, ou a actividade microbiana en xeral;[27] o último dos cales é o principal contribuínte á modulación do pH en substratos de biomasa necróticos.[28] A pesar destas cousas que se descoñecen, investigouse un mecanismo causal da selección do microbioma das larvas da mosca e os mecanismos que gobernan a ensamblaxe da comunidade microbiana larval usando ensaios axénico de exposición de larvas de Lucilia sericata a microbios.[29] Atopouse que as larvas organizan programas transcricionais inmunes cando son ameazadas por Pseudomonas aeruginosa ou Acinetobacter baumannii, suxerindo que as moscas non realizan unha resposta inmune xenérica igual para todos senón que realizan unha sinalización específica de patóxeno polas vías IMD e Toll.[29]

Consistente con esta especificidade inmunolóxica, os exames comparativos de Lucilia sericata e Phormia regina salvaxes mostran que a composición do microbioma está fortemente asociada coa identidade de especies hóspede, independentemente de compartir ambientes ou condicións de mostraxe.[30] Os perfís txonómicos difiren significativamente entre especies, con xéneros como Ignatzschineria e Dysgonomonas enriquecidos en P. regina, mentres que Vagococcus e Escherichia–Shigella son máis prevalentes en L. sericata.[30] Eses padróns apoian un papel da filtración de hóspede na ensamblaxe do microbioma da mosca, e indican que as diferenzas a nivel de especies en asociacións microbianas poden traducirse en diferentes riscos de carrexo de patóxenos.[30]

Diversidade

[editar | editar a fonte]

Coñécense unhas 1900 especies de califóridos, e 120 delas viven no Neotrópico, e un gran número en África e sur de Europa. Os seus hábitats típicos son as áreas temperadas e tropicais que proporcionen unha capa de solo húmido solto e follas caídas onde as larvas poidan prosperar e pupar.[Cómpre referencia]

Detalle da cabeza de Calliphora vomitoria
Un espécime de Calliphora livida
Calliphora hilli
Calliphora augur
Detalle da cabeza dunha Calliphora

Fontes: MYIA,[31] FE,[32] Nomina,[33] A/O DC[34]

Velaquí unha lista seleccionada de xéneros do Paleártico, Neártico, Malaisia, Xapón, e Australasia:

Importancia económica

[editar | editar a fonte]

Os califóridos espertaron o interese dos investigadores en varios campos, aínda que a maior parte da literatura sobre eles concentrouse en resolver o problema da míase[70] no gando. Por exemplo, a mosca da ovella Lucilia cuprina causa na industria ovina australiana perdas por valor de 170 millóns de dólares australianos.[Cómpre referencia]

Os causantes máis comúns da míase en humanos e animais son as tres familias de dípteros Oestridae, Calliphoridae e Sarcophagidae. A míase en humanos clasifícase clinicamente en seis tipos: dérmica e subdérmica, da cavidade facial, de feridas ou traumas, gastrointestinal, vaxinal e xeneralizada. Se se encontran en humanos, as larvas de dípteros están xeralmente no seu primeiro estadio. O único tratamento necesario é simplemente quitar as larvas, e o paciente cura de forma natural.[71] Aínda que non é estritramente un tipo de míase, a larva de Auchmeromyia senegalensis aliméntase do sangue de mamíferos, ocasionalmente humanos.[Cómpre referencia]

Cochliomyia

[editar | editar a fonte]

A especie do Novo Mundo Cochliomyia hominivorax, que antes era unha importante praga en Norteamérica, foi erradicada dos Estados Unidos, México e América Central por medio dun amplo programa da USDA de liberación de machos esterilizados. A USDA mantén unha planta de produción de exemplares estériles destas moscas e un programa de liberación na metade leste da República de Panamá para impedir que exemplares fértiles migren cara ao norte. Actualmente, esta especie está limitada ás terras baixas de países tropicais de América do Sur e algunhas illas do Caribe.[Cómpre referencia]

A especie do Vello Mundo Chrysomya bezziana é un parasito obrigado de mamíferos. Esta mosca está distribuída por todo o Vello Mundo, incluíndo o sueste asiático, África tropical e subtropical, algúns países do Oriente Próximo, India, a Península de Malaca, as illas de Indonesia e Filipinas e Papúa Nova Guinea.[72]

Algunhas moscas deste xénero son importantes en medicina forense en América. A especie Cochliomyia macellaria converteuse nunha das especies principais nas cales basear as estimacións forenses do intervalo post mortem porque a súa sucesión e aparición en restos en descomposición foi ben definida. Esta mosca encóntrase nos Estados Unidos e trópicos americanos e no sur do Canadá durante o verán. É unha das especies máis comúns en restos descompostos no sur dos Estados Unidos.[73]

Terapia con larvas

[editar | editar a fonte]

A terapia de desbridamento con larvas é o uso médico de larvas de moscas seleccionadas criadas no laboratorio para limpar feridas que non curan. As larvas medicinais realizan o desbridamento[74] ao comeren selectivamente só o tecido morto da ferida. Lucilia sericata (Phaenicia sericata) é a especie preferida nesta terapia.[75] A terapia de desbridamento con larvas pode usarse para tratar úlceras de presión, feridas en pés diabéticos, úlceras de estase venosa e feridas poscirúrxicas.[76]

Os adultos poden ser vectores de patóxenos de doenzas como a disentería. As moscas, xeralmente Calliphoridae, foron asociadas frecuentemente coa transmisión de doenzas infecciosas en humanos e animais, así como á míase. Estudos realizados ligan as moscas dos xéneros Calliphora e Lucilia como vectores de axentes causais de infeccións bacterianas. Esas larvas, frecuentes en corpos en descompoición, aliméntanse de prea, mentres que os adultos poden ser necrófagos ou vexetativos. Durante este proceso de descomposición, os microorganismos (por exemplo, Mycobacterium) poden liberarse no corpo. As moscas chegan á escena e poñen os seus ovos. As larvas que nacen dos ovos empezan a comer e a degradar o corpo morto, inxerindo simultaneamente os microorgaismos, o cal é o primeiro paso da ruta de transmisión.[Cómpre referencia]

A bacteria que causa a paratuberculose no gando vacún, porcino e aves (M. a. avium) illouse e recuperouse destas moscas en varios experimentos.[Cómpre referencia]

Outras doenzas posibles e perigosas son a doenza hemorráxica dos coellos[Cómpre referencia] en Nova Zelandia e a míase. Aínda que a míase non está limitada aos califóridos, as súas larvas son unha importante fonte desta invasión da pel, causando lesións, que se son dabondo graves poden ser mortais. A doenza empeza cando a mosca pon ovos nunha ferida ou material fecal das ovellas. Cando eclosionan as larvas, empezan a alimentarse nas ovellas, causándolles irritacións. Unha vez que eclosiona a primeira onda de larvas, atraen a máis moscas, causando a doenza. Disponse de insecticidas para a prevención destas moscas, que adoitan conter cipermetrina[77], e poden tomarse medidas de precaución, como cortarlles o rabo, tosquialas, e manter a ovella cunha boa saúde xeral.[78][79]

Tamén se demostrou que estas moscas poden transmitir a salmonelose por medio da súa saliva, feces e por contacto directo das patas. As moscas adultas poden espallar patóxenos por medio das súas pezas bucais esponxosas, vómitos, tracto intestinal, almofadas pegañentas dos pés ou mesmo polos pelos do corpo e patas.[80]

Como as moscas son vectores de moitas doenzas, cada vez é máis importante identificar os axentes transmisibles, a ruta de transmisión e a prevención e tratamentos no caso de contacto. Debido á súa capacidade de poñeren miles de ovos durante a súa vida e a presenza de miles de larvas á vez moi xuntas, o seu potencial de transmisión é alto, especialmente a temperaturas ideais.[Cómpre referencia]

Polinización

[editar | editar a fonte]

Os califóridos son probablemente, xunto coas abellas silvestres ou criadas, os principais insectos polinizadores das colleitas. Visitan e polinizan moitas flores dunha ampla variedade de plantas agrícolas (por exemplo, aguacate, mango, cebola, porro, cenoira, coliflor). Ao usaren as súas pezas bucais esponxosas cando visitan as flores, a cabeza e parte superior do corpo da mosca se poñen amplamente en contacto co interior da flor. Teñen numerosos pelos, incluíndo na cabeza e tórax, que poden axudar a transportar o pole, e os califóridos na natureza víronse transportando grandes cantidades de pole. Comparados coas abellas do mel, os califóridos están activos nunha gran variedade de condicións ambientais. Porén, non se sabe como se comparan as súas habilidades de polinización coas das abellas, xa que hai poucos estudos que avaliasen a súa contribución á polinización, e as especies exactas que polinizan xeralmente non están identificadas.[81]

Importancia forense

[editar | editar a fonte]

Os califoridos adoitan ser os primeiros insectos que chegan á prea debido á súa capacidade de cheirar a materia animal morta a unha distancia de 1,6 km.[82] Despois de chegaren á prea, as femias depositan nela os ovos. Como o seu desenvolvemento é moi predicible se se coñece a tempertura ambiental, estas moscas considéranse unha valiosa ferramenta en ciencia forense. Estas moscas utilízanse en exames forenses para estimar o intervalo post mortem mínimo (IPMmin) de cadáveres humanos.[83] As estimacións tradicionais de tempo desde o momento da morte son xeralmente pouco fiables despois de 72 horas e a miúdo os entomólogos son os únicos oficiais capaces de calcular un intervalo de tempo aproximado. A disciplina especializada relacionada con esta práctica denomínase entomoloxía forense.[84]

Ademais de usalos para estimar o IPMmin, supoñendo que a colonización se produciu despois da morte, utilízanse os espécimes de mosca que se atopan infestando un cadáver humano para determinar se o cadáver foi recolocado nun sitio diferente ao que morreu ou se o individuo inxeriu narcóticos antes de morrer.[Cómpre referencia]

Calliphora vicina e Cynomya mortuorum son moscas importantes en entomoloxía forense. Outros califóridos importantes en estudos forenses son Phormia regina, Calliphora vomitoria, Calliphora livida, Lucilia cuprina, Lucilia sericata, Lucilia illustris, Chrysomya rufifacies, Chrysomya megacephala, Cochliomyia macellaria e Protophormia terraenovae. Un mito di que as especies do xénero Lucilia poden percibir a morte e aparecer xusto antes de que aconteza.[85]

  1. ↑ Rognes, Knut (13 de xullo de 2011). "A review of the monophyly and composition of the Bengaliinae with the description of a new genus and species, and new evidence for the presence of Melanomyinae in the Afrotropical Region (Diptera, Calliphoridae)". Zootaxa 2964 (1): 1. doi:10.11646/zootaxa.2964.1.1. hdl:11250/182367.
  2. ↑ Rognes, Knut (1986). "The systematic position of the genus Helicobosca Bezzi with a discussion of the monophyly of the calyptrate families Calliphoridae, Rhinophoridae, Sarcophagidae and Tachinidae (Diptera)". Insect Systematics & Evolution 17 (1): 75–92. doi:10.1163/187631286X00125.
  3. ↑ Yan, Liping; Pape, Thomas; Meusemann, Karen; Kutty, Sujatha Narayanan; Meier, Rudolf; Bayless, Keith M; Zhang, Dong (2021). "Monophyletic blowflies revealed by phylogenomics". BMC Biology 19 (230): 230. PMC 8555136. PMID 34706743. doi:10.1186/s12915-021-01156-4.
  4. ↑ Definición de califórido no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
  5. ↑ Sistema Integrado de Información Taxonómica. "Calliphoridae (TSN 151495)" (en inglés).
  6. ↑ "Gentle". Oxford Dictionaries. Arquivado dende o orixinal o 30 de xullo de 2012. Consultado o 24 de maio de 2016.
  7. ↑ Yeates, D. K.; Wiegmann, B. M. (1999). "Congruence and controversy: toward a higher-level phylogeny of Diptera". Annual Review of Entomology 44: 397–428. PMID 15012378. doi:10.1146/annurev.ento.44.1.397.
  8. ↑ Sivell, Olga (2021). "Blow flies (Diptera: Calliphoridae, Polleniidae, Rhiniidae)". RES Handbooks for the Identification of British Insects 10 (16): 1–208. ISBN 9781910159064.
  9. ↑ Ali, Hayder. "Entymology 2: Family Calliphoridae" (PDF). uomustansiriyah.edu.iq. Consultado o 31 de outubro de 2024.
  10. ↑ Anne Hastings; David Yeates; Joanna Hamilton (2004). "Anatomical Atlas of Flies". CSIRO. Arquivado dende o orixinal o 18 de xaneiro de 2012. Consultado o 13 de xaneiro de 2012.
  11. ↑ "Biological Sciences: Northern Kentucky University". Nku.edu. 2013-01-14. Arquivado dende o orixinal o 20 de seembro de 2008. Consultado o 2014-05-29.
  12. ↑ "INSECTES15-4". Aramel.free.fr. Consultado o 2014-05-29.
  13. ↑ "diaporama image". Arquivado dende o orixinal o 2004-12-27. Consultado o 11 de marzo de 2014.
  14. ↑ Goodman, Lesley J. (1964). "The landing responses of insects. II. The electrical response of the compound eye of the fly, Lucilia sericata, upon stimluation by moving objects and slow changes of light intensity" (PDF). Journal of Experimental Biology 41 (2): 403–415. doi:10.1242/jeb.41.2.403.
  15. ↑ Welch, John B. (1993). "Predation by Spiders on Ground-Released Screwworm Flies, Cochliomyia hominivorax (Diptera: Calliphoridae) in a Mountainous Area of Southern Mexico". Journal of Arachnology (Ithaca, New York: American Arachnological Society) 21 (1): 23–28. JSTOR 3705375.
  16. ↑ Sanchez-Pena, Sergio R. (abril de 2000). "Entomopathogens from two Chihuahuan desert localities in Mexico, Projects: Fall armyworm, Spodoptera frugiperda, in north-eastern Mexico". BioControl 45 (1): 63–78. doi:10.1023/A:1009915308907.
  17. ↑ K., Tomberlin, Jeffery; L., Crippen, Tawni; M., Tarone, Aaron; Chaudhury, Muhammad F. B.; Baneshwar, Singh; A., Cammack, Jonathan; P., Meisel, Richard (2017-01-01). "A Review of Bacterial Interactions With Blow Flies (Diptera: Calliphoridae) of Medical, Veterinary, and Forensic Importance". Annals of the Entomological Society of America (en inglés) 110 (1). ISSN 0013-8746. doi:10.1093/ae (inactivo 20 de novembro de 2025). Arquivado dende o orixinal o 10 de marzo de 2021. Consultado o 20 de xuño de 2026.
  18. ↑ Benbow, M. Eric; Barton, Philip S.; Ulyshen, Michael D.; Beasley, James C.; DeVault, Travis L.; Strickland, Michael S.; Tomberlin, Jeffery K.; Jordan, Heather R.; Pechal, Jennifer L. (2019). "Necrobiome framework for bridging decomposition ecology of autotrophically and heterotrophically derived organic matter". Ecological Monographs (en inglés) 89 (1): e01331. Bibcode:2019EcoM...89E1331B. ISSN 1557-7015. doi:10.1002/ecm.1331.
  19. ↑ "Resource Partitioning and Why It Matters | Learn Science at Scitable". www.nature.com (en inglés). Consultado o 2025-11-18.
  20. ↑ Förster, Maike; Klimpel, Sven; Mehlhorn, Heinz; Sievert, Kai; Messler, Sabine; Pfeffer, Klaus (2007-06-01). "Pilot study on synanthropic flies (e.g. Musca, Sarcophaga, Calliphora, Fannia, Lucilia, Stomoxys) as vectors of pathogenic microorganisms". Parasitology Research (en inglés) 101 (1): 243–246. ISSN 1432-1955. PMID 17370089. doi:10.1007/s00436-007-0522-y.
  21. ↑ Mumcuoglu, K. Y., Miller, J., Mumcuoglu, M., Friger, M., & Tarshis, M. (2001). Destruction of bacteria in the digestive tract of the maggot of Lucilia sericata (Diptera: Calliphoridae). Journal of medical entomology, 38(2), 161-166.
  22. ↑ Lerch, Klaus; Linde, Hans-Jörg; Lehn, Norbert; Grifka, Joachim (2003). "Bacteria Ingestion by Blowfly Larvae: An in vitro Study". Dermatology (en inglés) 207 (4): 362–366. ISSN 1018-8665. PMID 14657627. doi:10.1159/000074115. Arquivado dende o orixinal o 08 de xuño de 2024. Consultado o 20 de xuño de 2026.
  23. ↑ Thompson, C. R., Brogan, R. S., Scheifele, L. Z., & Rivers, D. B. (2013). Bacterial interactions with necrophagous flies. Annals of the Entomological Society of America, 106(6), 799-809.
  24. ↑ Ahmad, A., Broce, A., & Zurek, L. (2006). Evaluation of significance of bacteria in larval development of Cochliomyia macellaria (Diptera: Calliphoridae). Journal of medical entomology, 43(6), 1129-1133.
  25. ↑ Crooks, Esther R.; Bulling, Mark T.; Barnes, Kate M. (2016-09-01). "Microbial effects on the development of forensically important blow fly species". Forensic Science International 266: 185–190. ISSN 0379-0738. PMID 27289434. doi:10.1016/j.forsciint.2016.05.026.
  26. 1 2 Singh, Baneshwar; Crippen, Tawni L.; Zheng, Longyu; Fields, Andrew T.; Yu, Ziniu; Ma, Qun; Wood, Thomas K.; Dowd, Scot E.; Flores, Micah; Tomberlin, Jeffery K.; Tarone, Aaron M. (2015-01-01). "A metagenomic assessment of the bacteria associated with Lucilia sericata and Lucilia cuprina (Diptera: Calliphoridae)". Applied Microbiology and Biotechnology (en inglés) 99 (2): 869–883. ISSN 1432-0614. PMID 25306907. doi:10.1007/s00253-014-6115-7.
  27. ↑ Chaudhury, M. F., & Skoda, S. R. (2009). Diet pH, and viscosity affect development and survival of screwworm larvae (Diptera: Calliphoridae). Journal of economic entomology, 102(2), 799-803.
  28. ↑ DeBruyn, Jennifer M.; Keenan, Sarah W.; Taylor, Lois S. (2025-02-01). "From carrion to soil: microbial recycling of animal carcasses". Trends in Microbiology 33 (2): 194–207. ISSN 0966-842X. PMID 39358066. doi:10.1016/j.tim.2024.09.003.
  29. 1 2 McKenna, C. H.; Asgari, D.; Crippen, T. L.; Zheng, L.; Sherman, R. A.; Tomberlin, J. K.; Meisel, R. P.; Tarone, A. M. (febreiro de 2022). "Gene expression in Lucilia sericata (Diptera: Calliphoridae) larvae exposed to Pseudomonas aeruginosa and Acinetobacter baumannii identifies shared and microbe-specific induction of immune genes". Insect Molecular Biology 31 (1): 85–100. ISSN 1365-2583. PMID 34613655. doi:10.1111/imb.12740.
  30. 1 2 3 Mikaelyan, Aram; Receveur, Joseph; Bernstein, Kadie; Babcock, Nicholas J.; Pechal, Jennifer L.; Welsh, Michael V.; Waters, Kelly A.; Yoskowitz, Katherine H.; Benbow, M. Eric (2025-11-27). "Host-specific microbiomes of blow flies: ecological drivers and implications for pathogen carriage". Frontiers in Immunology (en English). 16 (número de artigo: 1673934). ISSN 1664-3224. doi:10.3389/fimmu.2025.1673934.
  31. ↑ Sabrosky, Curtis W. (1999). "Family-Group Names in Diptera An annotated catalog" (PDF). Myia 10. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 11 de abril de 2008.
  32. ↑ Rognes, Knut; Pape, Thomas (19 de abril de 2007). "Taxon details: Calliphoridae". Fauna Europaea version 1.1. Arquivado dende o orixinal o 1 de novembro de 2005. Consultado o 31 de maio de 2008.
  33. ↑ "Diptera: B–C". Nomina – a classification of the Insects of North America as portrayed in Nomina Insecta Nearctica. 1998. Arquivado dende o orixinal o 6 de maio de 2006. Consultado o 31 de maio de 2008.
  34. ↑ Kurahshi, Hiromu (28 de maio de 2007). "109. Family CALLIPHORIDAE". Australasian/Oceanian Diptera Catalog. Consultado o 31 de maio de 2008.
  35. ↑ Grunin, K. Ya. (1966). "New and little-known Calliphoridae (Diptera), mainly bloodsucking or subcutaneous parasites of birds". Ent. Obozr (en ruso) 45: 897–903.
  36. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Robineau-Desvoidy, André Jean Baptiste (1830). "Essai sur les myodaires". Mémoires presentés à l'Institut des Sciences, Lettres et Arts, par divers savants et lus dans ses assemblées: Sciences, Mathématiques et Physique 2 (2): 1–813. Consultado o 15 de xullo de 2018.
  37. ↑ Brauer, F.; Bergenstamm, J. E. von (1893). Die Zweiflugler des Kaiserlichen Museums zu Wien, VI. Vorarbeiten zu einer Monographie der Muscaria Schizometopa (exclusive Anthomyidae). Pars III. F. Tempsky, Wien. p. 152.
  38. 1 2 3 Hall, D. G. (1948). The blowflies of North America. Thomas Say Publ. p. 4.
  39. ↑ Hardy, G. H. (1940). "Notes on Australian Muscoidea". Proceedings of the Royal Society of Queensland 51 (2): 133–146. doi:10.5962/p.168232.
  40. 1 2 3 Brauer, F.; Bergenstamm, J. E. von (1891). "Die Zweiflugler des Kaiserlichen Museums zu Wien. V. Vorarbeiten zu einer Monographie der Muscaria Schizometopa (exclusive Anthomyidae)". F. Tempsky, Wien: 142.
  41. ↑ Aldrich, J. M. (1923). "A new genus and species of fly reared from the hoof of the carabao". The Philippine Journal of Science 22: 141–142.
  42. ↑ "Revision of the frog fly genus Caiusa Surcouf, 1920 (Diptera, Calliphoridae), with a note on the identity of Plinthomyia emimelania Rondani, 1875" (PDF). zootaxa. Consultado o 26 de maio de 2016.
  43. 1 2 3 Macquart, P. J. M. (1851). "Dipteres exotiques nouveaux ou peu connus. Suite du 4e supplement publie dans les memoires de 1849". Mémoires de la Société (Royale) des sciences, de l'agriculture et des arts à Lille 1850: 134–294. Consultado o 28 de marzo de 2021.
  44. 1 2 Townsend, C. H. T. (1915). "A new generic name for the screw-worm fly". Journal of the Washington Academy of Sciences 5: 644–646.
  45. 1 2 Townsend, C. H. T. (1918). "New muscoid genera, species and synonymy (Diptera)". Insecutor Inscitiae Menstruus 6: 151–156.
  46. ↑ Grimshaw, P. H. (1901). "Part I. Diptera". Fauna Hawaiiensis 3 (1): 1–77.
  47. 1 2 Townsend, Charles Henry Tyler (1908). "The taxonomy of the muscoidean flies, including descriptions of new genera and species" (PDF). Smithsonian Miscellaneous Collections 51 (2): 1–138. Consultado o 13 de setembro de 2021.
  48. ↑ Townsend, Charles Haskins T. (1931). "Notes on American oestromuscoid types". Revista de Entomologia (Rio de Xaneiro) 1 (2): 157–183.
  49. ↑ Malloch, J.R. (maio de 1926). "LXI.— Exotic Muscaridæ ( Diptera ).—XVIII". Annals and Magazine of Natural History 17 (101): 489–510. doi:10.1080/00222932608633438.
  50. ↑ Brauer, F. (1895). "Bemerkungen zu einigen neuen Gattungen der Muscarien und Deutung einiger Original-Exemplare" [Comments on some new genera of the muscaria and interpretation of some original specimens] (PDF). Sitzungsberichte der Akademie der Wissenschaften (en alemán) 104 (1): 582–604. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 03 de decembro de 2023. Consultado o 20 de xuño de 2026.
  51. ↑ Villeneuve, J. (1933). "Myodaires superieurs asiatiques nouveaux" [New Asian Upper Myodia]. Bulletin et Annales de la Société Entomologique de Belgique (en French) 73: 195–199.
  52. ↑ Villeneuve, J. (1911). "Dipterologische Sammelreise nack Korsika. (Dipt.) [Schluss] Tachinidae". Deutsche Entomologische Zeitschrift 1911: 117–130.
  53. ↑ Shannon, Raymond Corbett (1926). "Synopsis of the American Calliphoridae (Diptera)". Proceedings of the Entomological Society of Washington 28: 115–139. Consultado o 5 de xuño de 2020.
  54. ↑ Villeneuve de Janti, Joseph (1920). "À propos de la révision des Muscidae testaceae de J. Surcouf". Bulletin de la Société entomologique de France 25 (14): 223–225. Bibcode:1920AnSEF..25..223V. doi:10.3406/bsef.1920.26657.
  55. ↑ Brauer, F.; Bergenstamm, J. E. von (1889). "Die Zweiflugler des Kaiserlichen Museums zu Wien. IV. Vorarbeiten zu einer Monographie der Muscaria Schizometopa (exclusive Anthomyidae).Pars I". Denkschriften der Kaiserlichen Akademie der Wissenschaften 56 (1): 69–180. Consultado o 25 de novembro de 2014.
  56. ↑ Crosskey, R. W. (1965). "A systematic revision of the Ameniinae (Diptera: Calliphoridae)". Bulletin of the British Museum (Natural History), Entomology 16: 33–140. doi:10.5962/bhl.part.21863.
  57. ↑ Townsend, C H T (1917). "Indian flies of the subfamily Rhiniinae". Records of the Indian Museum 13: 185–202. doi:10.5962/bhl.part.5859.
  58. ↑ Silvestri, F. (1920). "Contribuzione alla conoscenza dei termitidi e termitofilidell' Africa occidentale. II. – Termitofili. Parte seconda". Boll.Lab. Portici 14: 265–319.
  59. ↑ Hough, G. de N. (1899). "Some North American genera of the dipterous group, Calliphorinae Girschner". Entomological News 10: 62–66.
  60. ↑ Bezzi, Mario (1927). "Some Calliphoridae (Diptera) from the South Pacific islands and Australia". Bulletin of Entomological Research 17 (3): 231–247. doi:10.1017/s0007485300019283.
  61. ↑ Séguy, Eugène (1926). "Sur une forme nouvelle se rapportant aux "Oestridae dubiosae"". Encyclopedia Ent. (B II) 3: 1–10.
  62. ↑ Bigot, J. M. F. (1857). "Dipteres nouveaux provenant du Chili". Annales de la Société Entomologique de France 3 (5): 277–308.
  63. ↑ Macquart, P. J. M. (1843). "Dipteres exotiques nouveaux ou peu connus". Mem. Soc. R. Sci. Agric. Lille 2 (3): 162–460.
  64. ↑ Malloch, J.R. (1935). "The Diptera of the Territory of New Guinea. III. Families Musicidae and Tachinidae". Proceedings of the Linnean Society of New South Wales 60: 74–78.
  65. ↑ Rohdendorf, B. B. (1931). "Calliphorinen-Studien IV (Dipt.). Eine neue Calliphorinen-Gattung aus Ostsibirien". Zoologischer Anzeiger 95: 175–177.
  66. ↑ Wulp, F. M. van der (1885). "Quelques dipteres exotiques". Bulletin & Annales de la Société Entomologique de Belgique 28: cclxxxviii–ccxcvii.
  67. ↑ Villeneuve, J. (1927). "Myodaires superieurs nouveaux de l'Œle de Formose". Revue Zool. Bot. Afr 15: 387–397.
  68. ↑ Tuomikoski, R. (1960). "The Ocydromiinae group of subfamilies (Diptera, Empididae)". Ann. Entomol. Fenn. 32: 282–294.
  69. ↑ Malloch, J.R. (1924). "The recorded Calliphoridae of New Zealand (Diptera)". Proceedings of the Linnean Society of New South Wales 55: 638–640.
  70. ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para míase.
  71. ↑ Yazdi, Ismail. "Oral mucosa myiasis caused by Oestrus Ovis". Archives of Iranian Medicine. Arquivado dende o orixinal o 4 de agosto de 2008. Consultado o 17 de abril de 2008.
  72. ↑ Sutherst, R. W.; Spradbery, J. P.; Maywald, G. F. (1989). "The potential geographical distribution of the Old World screwworm fly, Chrysomya bezziana". Med. Vet. Entomol 3 (3): 273–280. PMID 2519672. doi:10.1111/j.1365-2915.1989.tb00228.x.
  73. ↑ Byrd, Jason H. "Secondary Screwworms". Featured Creatures Jan 1998 1–2. Arquivado dende o orixinal o 10 de marzo de 2008. Consultado o 28 de marzo de 2008.
  74. ↑ Definición de desbridar no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
  75. ↑ Monaghan, Peter (1 de xuño de 2007). "Rx:Maggots, Notes from Academe". The Chronicle of Higher Education 53 (39): A48.
  76. ↑ Sherman, R. (setembro de 2006). "Maggot Therapy Project". Maggot Therapy. Arquivado dende o orixinal o 1 de abril de 2008. Consultado o 28 de marzo de 2008.
  77. ↑ "Presentation". www.noahcompendium.co.uk. Arquivado dende o orixinal o 20 de outubro de 2013. Consultado o 14 de agosto de 2022.
  78. ↑ "NOAH Compendium of Animal Medicines: Crovect 1.25% w/v Pour-on Solution for Sheep – Dosage and administration". Arquivado dende o orixinal o 19 de outubro de 2013. Consultado o 11 de marzo de 2014.
  79. ↑ Peacock, Andrew (31 de agosto de 2004). "Blow fly in Sheep" (PDF). Newfoundland and Labrador Agriculture. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 17 de decembro de 2008. Consultado o 15 de abril de 2008.
  80. ↑ Olsen, Alan R. (1998). "Regulatory Action Criteria for Filth and Other Extraneous Materials*1 III. Review of Flies and Foodborne Enteric Disease". Regulatory Toxicology and Pharmacology (Submitted manuscript) 28 (3): 199–211. PMID 10049791. doi:10.1006/rtph.1998.1271.
  81. ↑ Cook, David F; Voss, Sasha C; Finch, Jonathan T D; Rader, Romina C; Cook, James M; Spurr, Cameron J (2020-06-02). "The Role of Flies as Pollinators of Horticultural Crops: An Australian Case Study with Worldwide Relevance". Insects (en inglés) 11 (6): 341. ISSN 2075-4450. PMC 7349676. PMID 32498457. doi:10.3390/insects11060341.
  82. ↑ Joel Greenberg (2004). "Many more than we know: insects". A Natural History of the Chicago Region. University of Chicago Press. pp. 291–316. ISBN 978-0-226-30649-0.
  83. ↑ Klong-klaew, Tunwadee; Ngoen-klan, Ratchadawan; Moophayak, Kittikhun; Sukontason, Kom; Irvine, Kim; Tomberlin, Jeffery; Kurahashi, Hiromu; Chareonviriyaphap, Theeraphap; Somboon, Pradya (decembro de 2018). "Spatial Distribution of Forensically Significant Blow Flies in Subfamily Luciliinae (Diptera: Calliphoridae), Chiang Mai Province, Northern Thailand: Observations and Modeling Using GIS". Insects (en inglés) 9 (4): 181. PMC 6315425. PMID 30513924. doi:10.3390/insects9040181.
  84. ↑ Stephen W. Bullington (24 de xullo de 2001). "Blow flies: their life cycle and where to look for the various stages". Forensic Entomology. Arquivado dende o orixinal o 13 de outubro de 2006. Consultado o 13 de xaneiro de 2012.
  85. ↑ Brundage, Adrienne (13–15 de febreiro de 2008). "Calliphoridae". Texas A&M University, College Station. Falta a |url= (Axuda)

Bibliografía para a identificación

[editar | editar a fonte]
  • Fritz Konrad Ernst Zumpt Calliphorinae, in Lindner, E. Fliegen Palaearkt. Reg. 64i, 140 p. (1956)
  • Fan, C. T. Key to the common synanthropic flies of China. Peking [= Beijing]. xv + 330 p. en chinés pero con magníficas ilustracións. (1965).
  • Kano, R. and Shinonaga, S. Calliphoridae (Insecta: Diptera) (Fauna Japonica), Tokyo Biogeographical Society of Japan, Tokyo.( 1968). en inglés.
  • Lehrer, A. Z., Diptera. Familia Calliphoridae. In: Fauna R.S.R., Insecta, vol. XI,(12), Edit. R.S.R., Bucuresti, 1972, 245 p. en romanés.
  • Rognes, K. Blowflies (Diptera: Calliphoridae) of Fennoscandia and Denmark. Fauna Entomologica Scandinavica, Volume 24. E. J. Brill/Scandinavian Science Press Ltd. Leiden.(1991).

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]