Este artigo trata sobre unha constelación estelar.
Para a especie de animal mamífero do mesmo nome véxase:
Xirafa .
Xirafa
Nome curto
Cam (la)
Nome oficial
Camelopardalis (la)
Inventor/a ou descubridor/a
Descuberta / invención
1612
Superficie
757 °²
Wikidata G:Commons C:Commons
Camelopardalis , ou Xirafa ,[ 1] é unha gran constelación do hemisferio norte celeste moi pouco conspicua, pois as súas estrelas máis brillantes (sete) son tan só de magnitude 5. Está situada entre as constelacións de Auriga e as dúas Osas . O nome de Camelopardalis provén de "camelo-leopardo", nome que lle puxeron os gregos á xirafa, xa que pensaban que tiña a cabeza dun camelo e as manchas dun leopardo .
Foi inserida coma constelación por Petrus Plancius e publicada por Jakob Bartsch no 1624 no seu libro sobre as constelacións.
α Camelopardalis , distante superxigante azul de magnitude 4,26 que pode estar asociada ó cúmulo NGC 1502 .
β Camelopardalis , superxigante amarela de magnitude 4,03, a estrela máis brillante da constelación.
Z Camelopardalis , estrela variable cataclísmica que entra en erupción cada dúas ou tres semanas; o seu brillo oscila entre un máximo de 10,0 e un mínimo de 14,50. É o prototipo dunha subclase de variables dentro das novas ananas .
BD Camelopardalis , estrela do raro tipo espectral S e variable irregular onde o seu brillo oscila entre magnitude 5,04 e 5,17.
BE Camelopardalis , xigante vermella brillante e variable irregular cun brillo que flutúa entre magnitude 4,35 e 4,48.
CS Camelopardalis , estrela binaria a uns 4300 anos luz e variable Alfa Cygni . De brillo variable entre magnitude 4,19 e 4,23 é a segunda estrela máis brillante da constelación aínda que carece de denominación de Bayer .
VZ Camelopardalis , xigante vermella e variable irregular; o seu brillo oscila entre magnitude 4,8 e 4,96.
Stein 2051 (GJ 169.1 ), estrela binaria formada por unha anana vermella e unha anana branca a 18 anos luz da Terra .
Camelopardalis non posúe mitoloxía asociada ás súas estrelas, tratase pois dunha constelación moderna. A pouca vistosidade da constelación, e que estea preto da constelación de Lynx , levou os gregos a considerar esta área do firmamento coma bacía, e deste xeito véndoa coma un deserto .
Porén, coma deserto, xunto con outras propiedades no Zodíaco no signo de Xémini (p.e. a Vía Láctea , e as constelacións Xémini
, Orión , Auriga , e Canis Major ), poderían se-la orixe do mito do gando (ou rabaño) de Geryon , que forma parte das Doce Tarefas de Herakles .
As estrelas da constelación Camelopardalis poden ser conectadas dun xeito máis completo, no cal amosa graficamente unha xirafa .
Diagrama da forma completa de conecta-las estrelas da constelación Camelopardalis, ordenadas para amosar unha xirafa.
O corpo da xirafa consiste nun cuadrángulo de estrelas α Cam , β Cam , BE Cam , e γ Cam : α Cam e β Cam son de cuarta magnitude.
As estrelas HD 42818 (HR 2209) e M Cam forma a cabeza da xirafa, e as estrelas M Cam e α Cam forman o longo pescozo da xirafa.
As estrelas β Cam e 7 Cam forman a perna de diante, e as estrelas variables BE Cam e CS Cam forman a perna traseira da xirafa.