O castiñeiro do Xapón[1] (Castanea crenata), é un castiñeiro (familia Fagaceae) orixinario de Asia. Atopámolo ás veces en Galiza, especialmente na provincia de Lugo, coma padrón do castiñeiro común, moitas veces para evitar doenzas coma a tinta ou o chancro.
Follas.Candeas masculinas.Froitos incipientes.Froitos inmaturos in situ.
É unha árbore ou arbustocaducifolia que chega aos 15 metros de altura, coa casca parda, fendida lonxitudinalmente e poliñas glabrescentes, castaño-avermelladas, brillantes. O pecíolo das follas mide 0,5-2,5cm e o limbo é oblongo-lanceolado de 8–19cm de longo por 3–5cm de largo. Ditas follas teñen a base arredondada ou cordada e o envés con nervios tomentosos cando novos, o ápice acuminado-agudo e dentes finos e regulares nas marxes crenada-dentadas. As inflorescencias masculinas son amentos (chamados candeas) de 7–20cm ergueitos no alto da árbore, e as femininas, que están na parte inferior da candea, constan de 3 por cúpula. Os froitos son noces/aquenios de 5–6cm de diámetro con calibio cuberto de espiños de 1-1,5cm de longo, con 2-3 (ou sexa o número de flores fecundadas non abortadas), aquenios de 2–3cm obtusos e arredondados no ápice.
Florea en abril-xuño e frutifica en setembro-outubro.[2][3]
Castanea: nome xenérico que deriva do gregoχάστανον e despois o latín castănĕa, -ae, nome do castiñeiro común e da castaña (Virxilio, Bucolicas,1, 82), esta última tamén chamada castanea nux (Virgilio, Bucolicas, 2, 52), a noz do castiñeiro.[9] Tamén podería derivar de Castanaea, -ae ou Castana, -ae, cidade de Asia Menor ou, segundo outros, do nome armenio desta árbore.[3]
↑Un híbrido espontáneo de Castanea crenata Sieb. Zucc. (var. sibakuri) e C. sativa Miller (var. longal). Leao Ferreira de Almeida J., Agron. Lusit., 9(4), p. 265-275, 1947