Saltar ao contido

Copa Korać

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Competición deportivaCopa Korać
Imaxe
Tipocompetición deportiva Editar o valor en Wikidata
Deportebaloncesto Editar o valor en Wikidata
EpónimoRadivoj Korać Editar o valor en Wikidata
Número de participantes67 Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
Vixencia1971 – Editar o valor en Wikidata
Intervalo de tempo– 2002 Editar o valor en Wikidata
Período de ocorrencia1 ano Editar o valor en Wikidata
Outro
Páxina web oficialfibaeurope.com… Editar o valor en Wikidata

A Copa Korać é o nome que recibiu unha das competicións europeas de clubs de baloncesto organizadas pola Federación Internacional de Baloncesto (FIBA). O torneo concibiuse en 1971 e disputou os seus primeiros partidos o 4 de xaneiro de 1972. Foi bautizada como Korać en homenaxe ao baloncestista iugoslavo Radivoj Korać, un grande xogador do OKK Belgrado que finara en 1969 nun accidente de tráfico aos 30 anos. O trofeo foi ofrecido polo OKK e tódolos beneficios xerados pola competición foron destinados á fundación que se creou no seu nome.

Na súa primeira edición, celebrada na tempada 1971-72, foron convidados a participar só oito equipos: dous da liga española (Bàsquet Manresa e Picadero Jockey Club), dous franceses (Olympique d'Antibes Basket e Caen BC), dous iugoslavos (Lokomotiva Zagreb e OKK Belgrado), un belga (Standard BC) e un alemán (USC München). A final, disputada a dobre partido (ida e volta), foi gañada polo Lokomativa (actualmente Cibona) ante o OKK Belgrado.

Nas seguintes edicións ampliouse o número de participantes e o formato de competición foi variando ao longo dos anos, de xeito que puideran participar nunha competición europea os clubs mellor clasificados de cada país que non puidesen competir na Copa de Europa nin na Recopa.

A competición deixou de celebrarse ao remate da tempada 2001-02 a causa da crise do baloncesto europeo propiciada pola escisión entre a FIBA e a Unión de Ligas Europeas de Baloncesto (ULEB). Ese ano optouse por suprimir a competición ao tomar partido pola ULEB os principais clubs do continente.

Porén, a ULEB creou un ano despois unha nova competición, a Copa ULEB, que recolleu a testemuña da Copa Korać.

Historial

[editar | editar a fonte]

Final a dobre partido (1972-1976)

[editar | editar a fonte]
Tempada Sede Campión Subcampión Resultados
1971-72Belgrado & Zagreb KK Lokomotiva OKK Belgrado71-83 e 94-73
1972-73Cantú & MalinasItalia Pallacanestro CantùBélxica Racing Mechelen Basket106-75 e 85-94
1973-74Cantú & BelgradoItalia Pallacanestro Cantù KK Partizan99-86 e 75-68
1974-75Barcelona & CantúItalia Pallacanestro CantùCataluña FC Barcelona71-69 e 110-85
1975-76Split & Turín Jugoplastika SplitItalia Auxilium Pallacanestro Torino97-84 e 82-82

Final a Partido Único (1977-1985)

[editar | editar a fonte]
Tempada Sede Campión Subcampión Resultado
1976-77Xenebra Jugoplastika SplitItalia Fortitudo Bologna87-84
1977-78Banja Luka KK Partizan KK Bosna117-110
1978-79Belgrado KK PartizanItalia AMG Sebastiani Rieti108-98
1979-80LiexaItalia AMG Sebastiani Rieti KK Cibona76-71
1980-81BarcelonaCataluña Joventut de BadalonaItalia Pallacanestro Venezia105-104
1981-82PaduaFrancia CSP Limoges KK Šibenik90-84
1982-83BerlínFrancia CSP Limoges KK Šibenik94-86
1983-84ParísFrancia ÉB Pau-Orthez KK Estrela Vermella97-73
1984-85BruxelasItalia Olimpia MilanoItalia Pallacanestro Varese91-78

Final a Dobre Partido (1986-2002)

[editar | editar a fonte]
Tempada Sede Campión Subcampión Resultados
1985-86Caserta & RomaItalia Pallacanestro Virtus RomaItalia Juvecaserta Basket84-78 e 73-72
1986-87Barcelona & LimogesCataluña FC BarcelonaFrancia CSP Limoges106-85 e 97-86
1987-88Madrid & ZagrebEspaña Real Madrid CF Cibona Zagreb102-89 e 93-94
1988-89Cantú & Belgrado KK PartizanItalia Pallacanestro Cantù76-89 e 101-82
1989-90Pésaro & BadalonaCataluña Joventut de BadalonaItalia Victoria Libertas Pesaro99-98 e 96-86
1990-91Madrid & CantúItalia Pallacanestro CantùEspaña Real Madrid CF73-71 e 95-93
1991-92Roma & PésaroItalia Pallacanestro Virtus RomaItalia Victoria Libertas Pesaro94-94 e 99-86
1992-93Roma & MilánItalia Olimpia MilanoItalia Pallacanestro Virtus Roma95-90 e 106-91
1993-94Tesalónica & TriesteGrecia PAOKItalia Pallacanestro Trieste75-66 e 100-91
1994-95Milán & BerlínAlemaña ALBA BerlinItalia Olimpia Milano87-87 e 85-79
1995-96Istanbul & Milán Efes Pilsen SKItalia Olimpia Milano76-68 e 70-77
1996-97Bursa & TesalónicaGrecia Aris Tesalónica BC Tofaş S.K.66-77 e 70-88
1997-98Verona & BelgradoItalia Scaligera Basket VeronaRF Iugoslavia KK Estrela Vermella68-74 e 64-73
1998-99Madrid & BarcelonaCataluña FC BarcelonaEspaña CB Estudiantes77-93 e 97-70
1999-00Limoges & MálagaFrancia CSP LimogesEspaña Unicaja Málaga80-58 e 51-60
2000-01Málaga & VrsacEspaña Unicaja MálagaSerbia e Montenegro KK Hemofarm77-47 e 71-69
2001-02Nancy & RostovFrancia SLUC Nancy Lokomotiv Kuban98-72 e 74-95

Palmarés

[editar | editar a fonte]
Equipo Títulos Anos campión
Italia Pallacanestro Cantù 4 1972-73, 1973-74, 1974-75 e 1990-91.
KK Partizan 3 1977-78, 1978-79 e 1988-89.
Francia CSP Limoges 3 1981-82, 1982-83 e 1999-00.
Croacia KK Split 2 1975-76 e 1976-77.
Cataluña Joventut de Badalona 2 1980-81 e 1989-90.
Italia Pallacanestro Virtus Roma 2 1985-86 e 1991-92.
Italia Olimpia Milano 2 1984-85 e 1992-93.
Cataluña FC Barcelona 2 1986-87 e 1998-99.
Croacia KK Cibona 1 1971-72.
Italia AMG Sebastiani Rieti 1 1979-80.
Francia ÉB Pau-Orthez 1 1983-84.
España Real Madrid 1 1987-88.
Grecia PAOK 1 1993-94.
Alemaña ALBA Berlin 1 1994-95.
Efes Pilsen S.K. 1 1995-96.
Grecia Aris Tesalónica BC 1 1996-97.
Italia Scaligera Basket Verona 1 1997-98.
España Unicaja Málaga 1 2000-01.
Francia SLUC Nancy 1 2001-02.
Títulos País Equipos
10 Italia Italia Pallacanestro Cantù (4), AMG Sebastiani Rieti, Olimpia Milano (2), Pallacanestro Virtus Roma (2), Scaligera Basket Verona
6 España España Joventut Badalona (2), FC Barcelona (2), Real Madrid, Unicaja Málaga
5 Francia CSP Limoges (3), ÉB Pau-Orthez, SLUC Nancy
3 Croacia Croacia KK Cibona, KK Split (2)
3 Serbia Serbia KK Partizan
2 Grecia Grecia PAOK, Aris Tesalónica
1 Turquía Turquía Efes Pilsen S.K.
1 Alemaña Alemaña ALBA Berlin

Adestradores

[editar | editar a fonte]
Adestrador Títulos Anos
Italia Arnaldo Taurisano 3 1972-73, 1973-74 e 1974-75.
Croacia Petar Skansi 2 1975-76 e 1976-77.
Francia Pierre André Buffière 2 1981-82 e 1982-83.
España Aíto García Reneses 2 1986-87 e 1998-99.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]