A illa ten unha superficie de 5.074km², que a converten por tamaño na 3ª do arquipélago. Deles, 2.102km² están cubertos por glaciares, sendo o principal o Edgeøyjøkulen.
Está separada de Spitsbergen ao oeste polo Storfjorden, e, ao norte, o Freemansundet sepáraa da illa de Barents; na parte sur occidental localízase o Tjuvfjorden.
A illa é unha reserva natural protexida de Svalbard. É un sitio de conservación do oso polar e do reno de Svalbard.