Saltar ao contido

Hamadán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Hamadán
 Nome orixinal
    همدان (fa) Editar o valor en Wikidata
 Nome oficial
    همدان (fa) Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
Características
 Economía
Historia
 Historia
Localización
 Situado en
Central District (en) Traducir, Hamadan County (en) Traducir, Hamadã (pt) Traducir, Irán Editar o valor en Wikidata
 Irmandado con
 OpenStreetMap
Mapa
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
   554.406 (2016) censo Editar o valor en Wikidata
 Poboación feminina
   277.951 (2016) Editar o valor en Wikidata
 Poboación masculina
   276.455 (2016) Editar o valor en Wikidata
 Altitude
   1.850 m Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
OpenStreetMap8188090 Editar o valor en Wikidata
VIAF127856259 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/01vjkr Editar o valor en Wikidata
 Páxina WEB
Wikidata C:Commons

Hamadán (en persa: همدان) é unha cidade situada no oeste de Irán, aproximadamente a 400 km ao suroeste de Teherán.

É a capital da provincia de Hamadán. Está a 1 850 m dobre o nivel do mar, e a súa poboación era de 550.284 habitantes segundo o censo de 2005.

Inscricións cuneiformes de Ganj Nameh en Hamadán.

Crese que Hamadán é unha das cidades máis antigas do mundo, e a de maior antigüidade de Irán.

Algúns historiadores apuntan ao III milenio a. C. como o momento da súa fundación e, de acordo coas crónicas asirias, data de polo menos o século XII a.C.

Durante a primeira metade do século VI a.C. foi a capital do rei Astiaxes de Media, segundo os historiadores gregos, até que Ciro II, rei dos persas, a conquistou no ano 549 a.C. (o sexto ano do reinado de Nabónido en Babilonia).

O seu antigo nome persa era Ecbatana (Hañgmatana en persa antigo, Agbatana segundo Esquilo, Agamatanu na Inscrición de Behistún, e escrito como Aga'mtanu por Nabónido).

Foi o lugar de nacemento de Shirin Ebadi, gañadora do Premio Nobel da Paz de 2003 [1]. Tamén é o lugar onde se encontra a sepultura de Avicena, que morreu nesta cidade.[2]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]