A misión de IMAGE foi estudar o comportamento da magnetosfera terrestre ante as variacións do vento solar. As áreas de estudo do satélite inclúen a identificación dos mecanismos de inxección do plasma na magnetosfera durante as tormentas magnéticas, medi-la resposta da magnetosfera ante cambios no vento solar e estudar o modo en que o plasma da magnetosfera é enerxizado, transportado e perdido durante as tormentas e subtormentas magnéticas. IMAGE medía 2,25 metros de diámetro por 1,52 metros de longo.[1][2]
O satélite deixou de funcionar o 18 de decembro de 2005, cando se deixou de recibir a súa telemetría debido a un problema eléctrico a bordo.[1][2]
Unha aurora polar vista por unha das cámaras ultravioleta de IMAGE.
IMAGE levaba a bordo tres cámaras de átomos neutros capaces de medi-la enerxía e composición de átomos con enerxías de entre 10 e 200 eV cunha resolución temporal de 300 segundos. Ademais portaba dúas cámaras ultravioleta para o rango de lonxitudes de onda entre 120 e 180 nanómetros e para a banda dos 30,4 nanómetros, e un radar de baixa potencia operando a lonxitudes de onda de radio de entre 3 kHz e 3MHz.[1][2]