O roqueiro azul[1], tamén chamado merlo azul,[2][3][4] (Monticola solitarius) é unha especie de avepaseriforme da familiaTurdidae que se caracteriza pola súa plumaxe azulada nos machos adultos.
É unha ave duns 22 cm de lonxitude, algo máis grande có merlo rubio. A súa plumaxe é parda con pintas claras na femia, e o macho presenta un rechamante ton azulado, máis escuro nas ás. O peteiro é escuro.
Distribúese polo sur de Europa e o noroeste de África, e dende Asia Central até o norte da China e de Malaisia. Habita en rocuedos, cantís e barrancos de orixe fluvial, podendo ocupar ocasionalmente construcións humanas. Os seus desprazamentos limítanse a cambios altitudinaisno inverno.[5]
Ten un canto afrautado, que reproduce tanto parado como en voo, máis comunmente na época de celo.[6] A súa posta é de 3 a 5 ovos.[7] Aliméntase dunha gran variedade de insectos, ademais de bagas e outros vexetais.
Esta especie pode verse favorecida por varios factores, como os lumes, as canteiras e minas, que reducen a vexetación e aumentan a superficie de rocha dispoñible para construír os seus niños. Con todo, vese prexudicada por actividades como a presión urbanística sobre as zonas montañosas, a escalada preto dos seus niños, ou a creación de encoros, que alagan gorxas e canóns rochosos.[8]
↑Penas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (setembro de 2004). Guía das aves de Galicia. Ilustrado por Calros Silvar (2ª ed.). A Coruña: Baía Edicións. ISBN 84-96128-69-5.