mm (en) mm (lt) mm (ja) מ"מ (he) مم (ar) mm (bg) mm (nb) mm (ia) mm (ca) mm (pl) mm (lb) mm (de) mm (az) мм (mk) মি.মি. (bn) 公釐 (zh-tw) mm (lv) മി.മീ. (ml) мм (uk) мм (ru) mm (ro) 毫米 (zh) mm (gl)
En fabricación mecánica os planos construtivos das pezas que se mecanizan van acoutados en milímetros, e a tolerancia das cotas exprésanse en décimas, centésimas ou milésimas de milímetro.
O milímetro é a unidade de medida para as precipitacións. Aínda que a chuvia medida corresponde a unha unidade de volume e non de lonxitude, a expresión desta medida baséase na cantidade de chuvia caída nunhna superficie dun metro cadrado. A altura dese volume corresponde á medición da precipitación en milímetros, é dicir, 1mm de precipitacións significa que nunha superficie dun metro cadrado caeu un litro de auga de chuvia.