Corpo algo comprimido. Liña lateral ben aparente. Os ollos en posición alta, elevados sobre o perfil cefálico, abrupto. Recoñécense polas dúas longas barbas baixo o extremo anterior da mandíbula; estas barbas son móbiles e artelladas na base.
Teñen dúas aletas dorsais, curtas e separadas; a primeira con 6-8 espiñas e a segunda unha espiña e 6-8 raios brandos. Anal curta, oposta á segunda dorsal, con 1-2 espiñas e o resto raios brandos; pectorais longas; pelvianas inseridas baixo a vertical da base das pectorais; caudal escotada.
Viven no fondo, comunmente en bancos numerosos, onde escavan na area e pedras soltas para comer os pequenos invertebrados enterrados.
Comprende especies de alta importancia económica e de carne moi saborosa. Poden alcanzar unha lonxifude máxima descrta de 60cm.