Saltar ao contido

DGCR8

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Pasha»)
PDB 1x47
subunidade do complexo microprocesador DGCR8
Identificadores
Símbolo DGCR8
Símbolos alt. C22orf12; DGCRK6; Gy1; pasha
Entrez 54487
OMIM

609030

RefSeq NP_001177255
UniProt Q8WYQ5
Outros datos
Locus Cr. 22 :(20.08 – 20.11 Mb)

A subunidade DGCR8 do complexo microprocesador (iniciais en inglés de DiGeorge syndrome chromosomal [ou critical] region 8, ou "síndrome de DiGeorge cromosómica [ou crítica] rexión 8") é unha proteína que nos humanos está codificada no xene DGCR8 do cromosoma 22, que colabora no procesamento de miARN durante a interferencia de ARN.[1] Aínda que en mamíferos o nome que se lle dá é DGCR8, noutros animais como os organismos modelo Drosophila melanogaster e Caenorhabditis elegans, esta proteína coñécese co nome de Pasha (colaboradora de Drosha).[2] En todos eses animais é un compoñente necesario da vía de interferencia de ARN.

A DGCR8 (ou Pasha) está localizada no núcleo celular e requírese para o procesamento do microARN (miARN). Únese á proteína Drosha, que é un encima RNase III, para formar o Complexo microprocesador que cliva un transcrito primario chamado pri-miARN para formar unha estrutura característica en talo-bucle chamada pre-miARN, o cal despois seguirá procesándose dando fragmentos de miARN pola acción do encima Dicer. A DGCR8 (ou Pasha) contén un dominio de unión ao ARN e crese que se une ao pri-miARN para estabilizalo para poder ser procesado seguidamente por Drosha.[3]

  1. ↑ "Entrez Gene: DGCR8 DiGeorge syndrome critical region gene 8". Arquivado dende o orixinal o 05 de novembro de 2021.
  2. ↑ Denli AM, Tops BB, Plasterk RH, Ketting RF, Hannon GJ (Nov 2004). "Processing of primary microRNAs by the Microprocessor complex". Nature 432 (7014): 231–5. PMID 15531879. doi:10.1038/nature03049.
  3. ↑ Yeom KH, Lee Y, Han J, Suh MR, Kim VN (2006). "Characterization of DGCR8/Pasha, the essential cofactor for Drosha in primary miRNA processing". Nucleic Acids Research 34 (16): 4622–9. PMC 1636349. PMID 16963499. doi:10.1093/nar/gkl458.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]