A lonxitude dos individuos oscila entre os 120 e os 150 centímetros. Cun peso que vai dende os 45 ós 100kg. A femia é lixeiramente menor có macho. Moi semellante á foca común. O pelame dorsal é agrisado e pardo, con manchas escuras irregulares e rodeadas por un ton máis claro. É unha especie sedentaria que repousan habitualmente sobre o xeo e raramente sobre a terra. Chega a mergullarse ata os 300 metros de profundidade e aguanta 20 minutos sen respirar, alimentándose de crustáceos, peixes e moluscos.
Vive por toda a costa ártica de Europa e Norteamérica, chegando ata o noroeste de Rusia. Tamén presente no mar Báltico e nas augas continentais de Finlandia