Praia de Pantín
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Pantín.
| Praia de Pantín | |
|---|---|
| 43°38′22″N 8°06′44″O / 43.639575, -8.112086 | |
| Características xerais | |
| Localización | Valdoviño |
| Lonxitude | 800 m |
| Largo medio | 100 m |
| Grao de ocupación | Baixa |
| Grao de urbanización | Algún |
| Características específicas | |
| Tipo de praia | Virxe |
| Tipo de area | Fina |
| Condicións do baño | |
| Praia nudista | Si |
| Aspectos medioambientais | |
| Presenza de vexetación | Si |
| Seguridade | |
| Equipo de vixilancia | Si |
| Sinalización do perigo | Si |
| Equipo de salvamento | Si |
| Accesibilidade | |
| Tipo de acceso | Peonil |
| Sinalización do acceso | |
A Praia de Pantín sitúase na parroquia de Pantín no concello de Valdoviño. Nela celébrase unha proba do Campionato do Mundo de Surf, o Pantín Classic.
A praia polas súas condicións de vento e ondas é moi empregada para deportes náuticos como o surf con ondas de ata cinco metros. A praia tamén se coñece como praia do Rodo, pola localidade na que está e que tamén dá nome ao castro do Rodo situado nun dos extremos da praia.