Saltar ao contido

Abruñeiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Prunus spinosa»)
Abruñeiro
 Nome taxon
    Prunus spinosa
 Nome curto
    P. spinosa (mul) Editar o valor en Wikidata
 Nome común
    Abruñeiro (gl) Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Uso
Características
 Fonte de
 Tipo de froito
 Cor do froito
 Categoría taxonómica
 Sinonimia
  • Druparia spinosa Clairv.
  • Prunus domestica var. spinosa (L.) Kuntze
  • Prunus spinosa var. typica C.K.Schneid.
 Conservación
Especie pouco preocupante
Clasificación taxonómica
 ReinoPlantae
 OrdeRosales
 FamiliaRosaceae
 TriboAmygdaleae
 XéneroPrunus
 EspeciePrunus spinosa Editar o valor en Wikidata
L., 1753 Prunus spinosa Editar o valor en Wikidata
Localización
 Mapas
Distribución
Fontes e ligazóns
Freebase/m/029djm Editar o valor en Wikidata
UNII5342MY2M3P Editar o valor en Wikidata
ITIS24802 Editar o valor en Wikidata
OTT470244 Editar o valor en Wikidata
UICN172194 Editar o valor en Wikidata
CoL4N98J Editar o valor en Wikidata
EOL632461 Editar o valor en Wikidata
WFOwfo-0001007437 Editar o valor en Wikidata
Enciclopedia Galega Universal: 66889
Wikidata G:Commons C:Commons

O abruñeiro[1][2] ou escambrón[3][4] (Prunus spinosa) é un arbusto espiñento da familia das rosáceas (Rosaceae). Nativo de Europa, Asia e África do Norte. Chega ata os catro metros de altura e medra formando abruñedos (ou abruñais), chegando a ser ás veces tan densas que impiden o paso. É común en Galicia.

As follas son pequenas (2 a 4 cm), de cor verde apagada, o extremo en forma de punta e as beiras dentadas; son peludas nos nervios do envés.

As flores son hermafroditas e aparecen soas ou en pares, antes que as follas. Son brancas e o cáliz e corola constan de cinco pezas; contan con numerosos estames e un ovario cun estilo.

O froito, denomidado abruño, é unha drupa globosa, azul escura ou negra de 1 a 1,5 cm. Utilízase en marmeladas e fermentado produce o viño da abruñeira; macerado en augardente produce un licor denomidado en Navarra pacharán.

En Galicia é común en zonas de baixa e media altitude, formando sebes e en bosques illados. As especies silvestres reciben tamén o nome de espiño, ameixeira brava e escambroeira. O nome de ameixeira brava tamén se lle dá ao Prunus domestica subsp. insititia, especie coa cal é doado confundir o abruñeiro.

O cerolleiro é unha variedade de abruñeiro que dá o cerollo, un abruño doce.[5]

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para abruñeiro.
  2. ↑ Recibe tamén os nomes vulgares de abruñeira, abruño e ambruñeiro: Dicionario de sinónimos da lingua galega, Galaxia, 1996
  3. ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para escambrón.
  4. ↑ Cómpre ter en conta que o nome escambrón emprégase polo contrario no "Termos de Botánica" (2004) e no "Vocabulario forestal" (2012) do Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela como sinónimo do estripeiro
  5. ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para cerollo.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre botánica é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.