O obxectivo de RME foi probar novas tecnoloxías relacionadas co reflexo desde o espazo de láseres disparados deste terra e validar e caracterizar cuestións como o apuntado, o seguimento e a dispersión dos feixes no contexto dun sistema de defensa contra mísiles. O experimento consistiu no disparo dun láser en terra cunha lonxitude de onda de 1064 micróns contra o satélite, consistente basicamente nun espello de 61cm de diámetro, para reflectilo e alcanzar a un obxectivo situado tamén en terra, cunha distancia total recorrida polo láser de 1200km. RME concluíu as probas con éxito, demostrando que tras unha etapa de calibrado un láser pode reflectirse desde o espazo mediante un espello con gran precisión e estabilidade.[2][3][4]
RME foi inxectado nunha órbita inicial de 479km de apoxeo e 459km de perixeo, cunha inclinación orbital de 43,1 graos. O control de actitude do satélite fallou inicialmente, téndose que apagar un dos volantes de inercia do mesmo. O primeiro experimento de reflexión tivo lugar o 26 de xuño de 1991. O satélite acabou reentrando na atmosfera terrestre e destruindose o 24 de maio de 1992.[2][3][4]