Saltar ao contido

Roquefort (queixo)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Roquefort»)
Roquefort
 Nome orixinal
    Roquefort (fr) Editar o valor en Wikidata
Logotipo
Imaxe
 Instancia de
 Epónimo
Características
 Material / ingrediente
Localización
 Lugar de creación
 País de orixe
Cifras e dimensións
 Total producido
   18.830 t (2023) Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   1.500.000 ha Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
TasteAtlasroquefort Editar o valor en Wikidata
eAmbrosiaEUGI00000012914 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/016n2y Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons
Cuña de queixo roquefort.

Roquefort é o nome dunha variedade de queixo orixinalmente francés (de Roquefort-sur-Soulzon, situada na rexión de Occitania) producido con leite de ovella sen pasteurizar.

Esta variedade de queixo presenta unha masa de consistencia cremosa e esfarelada, con casca húmida e sabor acentuado e picante.

Na súa fabricación, así como na das variedades Gorgonzola e Camembert, son inxectados fungos (balores) na masa. No queixo roquefort inxéctase o sal e o fungo Penicillium roqueforti, para logo seguir por un proceso de maduración de tres meses. Son estes fungos os que desenvolven no roquefort a aparencia característica con veos verde-azulados, que lle dan o sabor especial.

Denominación de orixe

[editar | editar a fonte]

A nivel nacional, en Francia, o roquefort é recoñecido como appellation d'origine contrôlée (AOC) dende 1925, complementada por un decreto de 1979.[1]​​​​ Dende 1996, é unha denominación de orixe protexida (PDO) perante a Unión Europea.[2]​​​​​​​​​​​ ​A nivel internacional, ten rexistro como denominación de orixe, conforme ao Sistema de Lisboa, perante a Organización Mundial da Propiedade Intelectual, dende o 20 de decembro de 1967.[3]

  1. ↑ Institut national de l'origine et de la qualité. "Fiche produit". www.inao.gouv.fr. Arquivado dende o orixinal o 29 de agosto de 2023. Consultado o 2023-08-29.
  2. ↑ Comisión Europea. "eAmbrosia - Roquefort". ec.europa.eu. Consultado o 2023-08-29.
  3. ↑ Organización Mundial de la Propiedad Intelectual. "Lisbon Express - (AO 459) ROQUEFORT". lisbon-express.wipo.int. Consultado o 2023-08-29.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]