Saltar ao contido

Sinal clínico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A ictericia é un sinal ou signo clínico.

O sinais clínicos ou signos clínicos[1] (ou simplemente sinais ou signos) son as manifestacións obxectivas, clinicamente fiables e observadas na exploración médica, é dicir, no exame físico do paciente, a diferenza dos síntomas, que son elementos subxectivos, sinais percibidos unicamente polo paciente como, por exemplo, a dor, a debilidade e o mareo.[2][3] A semioloxía clínica é a disciplina que serve ao médico para indagar, por medio do exame psicofísico do paciente, sobre os diferentes sinais que pode presentar.

  • acropaquia (agrandamento dos dedos e brazos)
  • adenopatía (inflamación dos ganglios linfáticos)
  • ascite (líquido no abdome)
  • caquexia (desnutrición extrema)
  • edema (acumulación de líquido no espazo extracelular)
  • eritema (arroibamento dunha zona do corpo)
  • esplenomegalia (agrandamento do bazo)
  • espirro (expulsión violenta e ruidosa do aire dos pulmóns que se realiza polo nariz e a boca por medio dun movemento involuntario e súbito do diafragma)
  • exoftalmia (propulsión notable do globo ocular)
  • febre (temperatura corporal maior de 37 °C)
  • xinecomastia (agrandamento das mamas no home)
  • hepatomegalia (agrandamento do fígado)
  • hemoptise (esputos con sangue dos pulmóns)
  • impo (contracción involuntaria do diafragma)
  • ictericia (pel e mucosas amarelas)
  • tose (saída súbita e ruidosa do aire contido nos pulmóns pola boca, producida pola irritación das mucosas das vías respiratorias).
  1. ↑ Dicionario Galego de Termos Médicos. Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia. Consellería de Ordenación Universitaria. Dirección Xeral de Política Lingüística. Santiago de Compostela, 2002. Páxina 704.
  2. ↑ "Signo. Diccionario de términos médicos de la Real Academia Nacional de Medicina de España. Consultado o 27 de novembro de 2022.".
  3. ↑ "Síntoma. Diccionario de términos médicos de la Real Academia Nacional de Medicina de España. Consultado o 27 de novembro de 2022.".

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]