Os Estefanobericiformes (Stephanoberyciformes) son unha orde de peixes teleósteos, da superorde Acantopterixios (Acanthopterygii). Son peixes mariños, propios de augas profundas e sen á penas importancia comercial.
Teñen o cuerpo xeralmente redondeado, cun aspecto similar ó da orde Beryciformes. É característico a ausencia do óso supramaxilar, ou o seu tamaño moi reducido, e os ósos do cranio especialmente finos. Boca desdentada.