Saltar ao contido

Supersimetría

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Supersimetría
 Nome curto
    SUSY (en) Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Estudado por
Fontes e ligazóns
Freebase/m/01gqq4 Editar o valor en Wikidata
OpenAlexC116674579 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

A supersimetría é un marco teórico da física de partículas que suxire a existencia dunha simetría entre partículas con espín enteiro (bosóns) e partículas con espín semienteiro (fermións). Propón que para cada partícula coñecida existe unha partícula compañeira con propiedades de espín diferentes.[1] Realizáronse múltiples experimentos sobre a supersimetría que non conseguiron achegar probas sobre a súa existencia na natureza.[2] Se se atopasen evidencias, a supersimetría podería axudar a explicar certos fenómenos, como a natureza da materia escura e o problema da xerarquía na física de partículas.

Unha teoría supersimétrica é unha teoría nas que as ecuacións das forzas e as ecuacións da materia son idénticas. Na física teórica e matemática, calquera teoría con esta propiedade presenta o principio de supersimetría (SUSY). Existen ducias de teorías supersimétricas.[3] En teoría, a supersimetría é un tipo de simetría do espazo-tempo entre dúas clases básicas de partículas: os bosóns, que teñen un espín de valor enteiro e seguen as estadísticas de Bose-Einstein; e os fermións, que teñen un espín de valor semienteiro, e seguen as estadísticas de Fermi-Dirac.[4] Os nomes dos compañeiros bosónicos dos fermións levan o perfixo "s-", porque son partículas escalares. Por exemplo, se o electrón existise nuha teoría supersimétrica, existiría unha partícula chamada selectrón, un compañeiro bosónico do electrón.[5]

Na supersimetría, cada partícula da clase dos fermións tería asociada unha partícula da clase dos bosóns e viceversa, coñecida como supercompañeira. O espín da supercompañeira dunha partícula difire nun número semienteiro. Nas teorías de suoersimetría máis sinxelas, cunha supersimetría perfectamente "non rota", cada par de supercompañeiras compartiría a mesma masa e os mesmos nñumeros cuánticos internos, agás o espín. As teorías de supersimetría máis complexas presentan unha simetría rota espontáneamente, o que permite que as supercompañeiras difiran en masa.[6][7][8]

A supersimetría ten dieversas aplicacións en diferentes áreas da física, como a mecánica cuántica, a mecánica estatística, a teoría cuántica de campos, a física de materia condensada, a física nuclear, a óptica, a dinámica estocástica, a astrofísica, a gravidade cuántica e a cosmoloxía. A supersimetría tamén se aplicou á física de altas enerxías, onde unha extensión supersimétrica do Modelo Estándar constitúe unha posible candidata para explicar a física máis alá do Modelo Estándar. Porén, ningunha extensión supersimétrica do Modelo Estándar foi verificada experimentalmente, e algúns físicos sosteñen que a teoría está morta.[2][9]

Unha supersimetría que relacionaba mesóns e barións foi proposta por primeira vez, no contexto da física hadrónica, por Hironari Miyazawa en 1966. Esta supersimetría non implicaba o espazo-tempo; é dicir, concernía á simetría interna, e estaba fortemente rota. O traballo de Miyazawa foi ignorado en gran medida naquela época.[10][11][12][13]

J. L. Gervais e B. Sakita (en 1971),[14] Yu. A. Golfand e E. P. Likhtman (tamén en 1971), e D. V. Volkov e V. P. Akulov (1972),[15][16][17] redescubriron de maneira independente a supersimetría no contexto da teoría cuántica de campos, como un tipo radicalmente novo de simetría do espazo-tempo e dos campos fundamentais, que establece unha relación entre partículas elementais de distinta natureza cuántica, bosóns e fermións, e unifica as simetrías do espazo-tempo e as simetrías internas dos fenómenos microscópicos. A supersimetría cunha estrutura graduada consistente de álxebra de Lie, na que se baseou directamente a redescuberta por Gervais e Sakita, xurdiu por primeira vez no ano 1971 no contexto dunha primeira versións da teoría de cordas, desenvolvida por Pierre Ramond, John H. Schwarz e André Neveu.[18][19]

En 1974, Julius Wess e Bruno Zumino[20] identificaron as características de renormalización propias das teorías supersimétricas de campos en catro dimensións, o que permitiu recoñecelas como teorías cuánticas de campos destacables. Eles, xunto con Abdus Salam e os seus colaboradores, intriduciron as primeiras aplicacións da supersimetría á física de partículas. A estrutura matemática da supersimetría (as superálxebras graduadas de Lie) aplicouse posteriormente con éxito a outros ámbitos da física, que van desde a física nuclear,[21][22], os fénomenos críticos,[23] a mecánica cuántica ata a física estatística, e a supersimetría segue a ser unha parte fundamental de moitas teorías propostas en diversas ramas da física.

En física de partículas, a primeira versión supersimétrica realista do Modelo Estándar foi proposta en 1977 por Pierre Fayet, e coñécese como Modelo Estándar Supersimétrico Mínimo, ou MSSM polas súas siglas en inglés. Foi proposta para resolver, entre outras propostas, o problema da xerarquía.

O termo "supersimetría" foi acuñado por Abdus Salam e John Strathdee en 1974 como unha simplificación do termo "supersimetría gauge", empregado por Wess e Zumino, aínda que Zumino tamén utilizou o mesmo termo aproximadamente na mesma época.[24][25] Pola súa banda, o terpo "supergauge" fora acuñado por Neveu e Schwarz en 1971, cando formularon a supersimetría no contexto da teoría da cordas.</ref> The term supergauge was in turn coined by Neveu and Schwarz in 1971 when they devised supersymmetry in the context of string theory.[19][26]

Aplicacións

[editar | editar a fonte]

Extensión de posibles grupos de simetría

[editar | editar a fonte]

Unha das razóns polas que os físicos exploraron a supersimetría é que ofrece unha extensión das simetrías máis coñecidas da teoría cuántica de campos. Estas simetrías agrúpanse no grupo de Poincaré e nas simetrías internas, e o teorema de Coleman–Mandula demostrou que, baixo certas hipóteses, as simetrías da matriz S deben ser o produto directo do grupo de Poincaré por un grupo de simetría interna compacto ou, se non existe unha fenda de masas, do grupo conforme por un grupo de simetría interna compacto.

En 1971, Golfand e Likhtman foron os primeiros en demostrar que a álxebra de Poincaré pode estenderse mediante a introdución de catro xeradores espinoriais que anticonmutan (en catro dimensións), que posteriormente recibiron o nome de supercargas. En 1975, o teorema de Haag–Łopuszański–Sohnius analizou todas as superálxebras posibles na súa forma xeral, incluídas aquelas cun número ampliado de superxeradores e cargas centrais. Esta álxebra super-Poincaré estendida abriu o camiño para obter unha clase moi ampla e importante de teorías supersimétricas de campos.

Álxebra supersimétrica

[editar | editar a fonte]

As simetrías tradicionais da física son xeradas pos obxectos que se transforman segundo as representacións tensoriais do grupo de Poincaré e das simetrías internas. As supersimetrías, porén, son xeradas por obxectos que se transforman segundo as representacións espinoriais. Segundo o teorema do espín, os campos bosónicos conmutan, mentre que os fermiónicos anticonmutan. Combinar os dous tipos de campos nunha única álxebra require introducir unha graduación Z2, segundo a cal os bosóns son os elementos pares e os fermións son os elementos impares. Unha álxebra deste tipo denomínase superálxebra de Lie.

A extensión supersimétrica máis sinxela da álxebra de Poincaré é a álxebra super-Poincaré. Expresada en termos de dous espinores de Weyl, ten a seguinte relación de anticonmutación:

Qα,Q¯β˙=2(σμ)αβ˙Pμ

e todas as demais relacións de anticonmutación entre os Q e as relacións de conmutación entre os Q e os P son nulas. Na expresión anterior, Pμ=−i∂μ son os xeradores das translacións e σμ son as matrices de Pauli.

Existen representacións dunha superálxebra de Lie análogas ás representacións dunha álxebra de Lie. Cada álxebra de Lie ten asociado un grupo de Lie, e unha superálxebra de Lie pode, nalgúns casos, estenderse a representacións dun supergrupo de Lie.

Supersimetría na teoría cuántica de campos

[editar | editar a fonte]

Na teoría cuántica de campos, a supersimetría está motivada polas solucións que ofrece a varios problemas teóricos, por proporcionar en xeral numerosas propiedades matemáticas desexables e por garantir un comportamento consistente a altas enerxías. A teroría cuántica de campos supersimétrica adoita ser moito máis doada de analizar, xa que moitos máis problemas se volven tratables matematicamente. Cando a supersimetría se impón como unha simetría local, a teoría da relatividade xeral de Albert Einstein inclúese automaticamente, e o resultado coñécese como unha teoría da supergravidade. Outra propiedade teoricamente atractiva da supersimetría é que ofrece unha fenda ó teorema de Coleman-Mandula, que prohibe combinar as simetrías do espazo-tempo e as simetrías internas de calquera maneira non trivial, no caso das teorías cuánticas de campos que cumplen hipóteses moi xerais. O teorema de Haag-Łopuszański–Sohnius demostra que a supersimetría é a única maneira na que as simetrías internas poden combinarse de forma consistente.[27]

Aínda que a supersimetría non foi descuberta a altas enerxías, descubriuse que se realiza efectivamenta na escala de enerxía intermedia da física hadrónica, onde os barións e os mesóns son supercompañeiros. Unha excepción é o pión, que aparece como un modo cero no espectro de masas, e polo tanto está protexido pola supersimetría: non ten un compañeiro bariónico.[28][29] A realización desta supersimetría efectiva explícase facilmente mediante os modelos de quarks-diquarks: debido a que dúas cargas de cor diferentes próximas entre si aparecen, cunha resolución baixa, como a anticor correspondente, un cúmulo de diquark observado cunha resolución baixa (é dicir, na escala de enerxía-momento utilizada para estudar a estrutura dos hadróns) aparece efectivamente como un antiquark. Polo tanto, un barión que contén tres quarks de valencia, dos cales dous tenden a agruparse formando un diquark, compórtase como un mesón.[Cómpre referencia]

Supersimetría na física da materia condensada

[editar | editar a fonte]

Os conceptos do principio de supersimetría proporcionaron extensión útiles á aproximación WKB. Ademais, tamén se aplicaron a sistemas con desorde promediada, tanto cuánticos como non cuánticos (a través da mecánica estatística). A supersimetría en todos estes sistemas xorde do feito de que se está a modelar unha única partícula e, polo tanto, as "estatísticas" non son relevantes. O uso do método da supersimetría proporciona unha alternativa matematicamente rigurosa ó truco das réplicas, que trata de abordar o chamado "problema do denominador" no cálculo da media sobre o desorde. Para obter máis información sobre as aplicacións da supersimetría na física da materia condensada, véxase Efetov (1997).[30]

Supersimetría en óptica

[editar | editar a fonte]

En 2013, descubriuse que a óptica integrada proporcionaba[31] un terreo fértil no que se podían explorar determinadas ramificacións SUSY en contornos de laboratorios facilmente accesibles. Aproveitando a estrutura matemñatica análoga da ecuación de Schrödinger da mecánica cuántica e da ecuación de ondas que rexe a evolución da luz en sistemas unidimensionais, pódese interpretar a distribución do índice de refracción dunha estrutura como unha paisaxe de potencial na que se propagan os paquetes de ondas ópticas. Deste xeito, faise posible unha nova clase de estruturas ópticas funcionais con posibles aplicacións no axuste de fase, na conversión de modos[32] e na multiplexación por división espacial. As transformacións SUSY tamén foron propostas como unha forma de abordar problemas de dispersión inversa en óptica e como unha transformación óptica unidimensional. [33]

Supersimetría en sistemas dinámicos

[editar | editar a fonte]

Todas as ecuacións diferenciais (parciais) estocásticas, así como os modelos de todo tipo de sistemas dinámicos de tempo continuo, posúen supersimetría topolóxica.[34][35] Na representación por operadores da evolución estocástica, a supersimetría topolóxica é a derivada exterior, que é conmutativa co operador de evolución estocástica, definido como o "pullback" promediado estocasticamente incluído sobre formas diferenciais polos difeomorfismos do espazo de fases definidos polas ecuacións diferenciais estocásticas. O sector topolóxico da teoría supersimétrica da dinámica estocástica que xorde deste xeito pode recoñecerse como unha teoría de campos topolóxica do tipo de Witten.

O significado da supersimetría topolóxica nos sistemas dinámicos é a preservación da continuidade no espazo de fases: puntos infinitamente próximos permanecerán próximos durante a evolución temporal continua. Cando a supersimetría topolóxica se rompe espontaneamente, esta propiedade viólase no límite dunha evolución temporal infinitamente longa, e pódese dicir que o modelo presenta a xeneralización estocástica do efecto bolboreta. Desde unha perspectiva mais xeral, a ruptura espontánea da supersimetría topolóxica constitúe a esencia teórica do omnipresente fenómeno dinámico coñecido como, segundo o contexto, como caos, turbulencia, criticidade autoorganizada etc. O teorema de Goldstone explica a aparición asociada dun comportamento dinámico de longo alcance, que se manifesta como ruído ⁠1/f⁠, efecto bolboreta e estatísticas sen escala de procesos repentinos (instantónicos), como terremotos, avalanchas neuronais e fulguracións solares, descritos pola lei de Zipf e a escala de Richter.

En finanzas

[editar | editar a fonte]

En 2021, a mecámica cuántica supersimétrica aplicouse á valoración de opcións e á análise dos sistemas financieiros[36], así como ás redes financieiras.[37]

Suoersimetría en matemáticas

[editar | editar a fonte]

A SUSY tamén se estuda ás veces matematicamente polas suás propiedades intrínsecas. Isto débese a que describe campos complexos que satisfán unha propiedade coñecida como holomorfía. Isto fai que os modelos supersimétricos sexan útiles como "modelos de xoguete" de teorías máis realistas. Un exemplo destacado disto foi a demostración da dualidade S en teorías gauge de catro dimensións, que intercambia partículas e monopolos.[38]

A demostración do índice de Atiyah-Singer simplifícase moito mediante o uso da mecánica cuántica supersimétrica.

Supersimetría na teoría de cordas

[editar | editar a fonte]

A supersimetría é unha parte integrañ da teoría de cordas. Existen dous tipos de teoría de cordas: a teoría de cordas supersimétrica ou teoría de supercordas, e a teoría de cordas non supersimétrica. Por definición, na teoría de supercordas a supersimetría é necesaria a algún nivel. Porén, mesmo na teoría de cordas non supersimétrica, aínda se require na teoría un tipo de supersimetría chamada supersimetría desaliñada, co fin de garantir que non aparezan taquións físicos.[39][40] Calquera teoría de cordas sen algún tipo de supersimetría, como a teoría de cordas bosónicas e as teorías de cordas heteróticas E7×E7, SU(16) e E8 conterá un taquión e, polo tanto, o propio baleiro do espazo-tempo sería inestable e decaería cara a algunha teoría de cordas normalmente sen taquións e nunha dimensión dos espazo-tempo inferior.[41] No existe evidencia experimental de que a supersimetría ou a supersimetría desaliñada se cumpran no noso universo, e moitos físicos abandonaron por completo a supersimetría e a teoría de cordas debido á non detección de supersimetría no LHC.[42][43] A pesar dos resultados nulos para a supersimetría no LHC ata o momento, algúns físicos de partículas pasaron, con todo, a recorrer á teoría de cordas para resolver a crise de naturalidade de certas extensións supersimétricas do Modelo Estándar. Segundo estes físicos, existe na teoría de cordas un concepto de "naturalidade das cordas",[44] segundo o cal o panorama de teorías de cordas podería exercer unha atracción estatística segundo unha lei de potencia sobre os termos brandos de ruptura da SUSY, levándoos cara a valores grandes (dependendo do número de campos ocultos responsables da ruptura da SUSY que contribúan aos termos brandos).[45] Se isto se combina cun requisito antrópico segundo o cal as contribucións á escala débil non deben superar un factor de entre 2 e 5 respecto do seu valor medido (como argumentaron Agrawal et al.),[46] entón a masa do Bosón de Higgs é atraída cara á contorna dos 125 GeV, mentres que a maioría das partículas supersimétricas son levadas a valores que están máis aló do alcance actual do LHC.[47] Unha excepción son os higgsinos, que non adquiren a súa masa pola ruptura da SUSY, senón polo mecanismo que resolva o que se coñece como problema do μ da SUSY. A produción de pares de higgsinos lixeiros asociada á emisión de jets duros no estado inicial dá lugar a un sinal composto por dous [Leptón|[leptóns]] de signos opostos de baixa enerxía, un jet e enerxía transversal perdida.[48]

Supersimetría na física de partículas

[editar | editar a fonte]

En física de partículas, unha extensión supersimétrica do Modelo Estándar é unha posible candidata para explicar a física de partículas aínda non descuberta, e algúns físicos considérana unha solución elegante a moitos dos problemas actuais da física de partículas se se confirma que é correcta. Podería resolver diversas áreas nas que se considera que as teorías actuais están incompletas e nas que as limitacións destas teorías están ben establecidas.[49][50] En particular, unha extensión supersimétrica do Modelo Estándar, o Modelos Estándar Supersimétrico Mínimo (MSSM), fíxose popular na física teórica de partículas, xa que é a extensión supersimétrica máis sinxela do Modelo Estándar capaz de resolver importantes problemas de xerarquía dentro deste, ó garantir que as diverxencias cuadráticas de todas as ordes se cancelen na teoría de perturbacións. Se unha extensión supersimétrica do Modelo Estándar é correcta, as supercompañeiras das partículas elementais existentes serían novas partículas aínda non descubertas, e espérase que a supersimetría estea rota espontaneamente.

Non existe evidencia experimental de que unha extensión supersimétrica do Modelo Estándar sexa correcta, nin de que outras extensións dos modelos actuais poidan ser máis precisas. Só desde aproximadamente 2010, os aceleradores de partículas deseñados especificamente para estudar a física máis aló do Modelo Estándar comezaron a estar operativos, e non se sabe exactamente onde buscar nin cales son as enerxías necesarias para realizar unha procura con éxito.

Porén, os resultados negativos obtidos polo LHC desde 2010 xa descartaron algunhas extensións supersimétricas do Modelo Estándar, e moitos físicos consideram que o Modelo Estándar Supersimétrico Mínimo, aínda que non foi descartado, xa non é capaz de resolver completamente o problema da xerarquía.[51]

Extensións supersimétricas do Modelo Estándar

[editar | editar a fonte]

Incorporar a supersimetría ó Modelo Estándar require duplicar o número de partículas, xa que non existe ningunha maneira de que algunha das partículas do Modelo Estándar poida ser a supercompañeira doutra. Coa incorporación de novas partículas, aparecen moitas posibles interaccións novas. O modelo supersimétrico máis sinxelo compatible co Modelo Estándar é o Modelo Estándar Supersimétrico Mínimo (MSSM), que pode incluír as novas partículas adicionais necesarias para que estas poidan ser as supercompañeiras das partículas do Modelo Estándar. Unha das motivacións orixinais para o Modelo Estándar Supersimétrico Mínimo xurdiu do problema da xerarquía. Ademais, a escala electrodébil recibe enormes correccións cuánticas da escala de Planck. A xerarquía observada entre a escala electrodébil e a escala de [[Max Planck|Planck] debe conseguirse mediante un axuste extraordinariamente fino. Este problema coñécense como o problema da xerarquía. A supersimetría próxima á escala electrodébil, como no Modelo Estándar Supersimétrico Mínimo, resolvería o problema da xerarquía que afecta ó Modelo Estándar.[52] Reduciría o tamaño das correccións cuánticas ó producir cancelacións automáticas entre as interaccións fermiónicas e bosónicas de Higgs, e as correccións cuánticas á escala de Planck cancelaríanse entre as partículas compañeiras e supercompañeiras (debido a un signo menos asociado ós lazos fermiónicos). A xerarquía entre a escal electrodébil e a escala de Planck conseguiríase de maneira natural, sen necesidade dun axuste extraordinariamente fino. Se a supersimetría se restablecese na escala débil, a masa de Higgs estaría relacionada coa ruptura da supersimetría, que podería ser inducida por pequenos efectos non perturbativos, explicando así as enormes diferenzas entre as escalas das interaccións débiles e das interaccións gravitacionais.

Outra motivación para o Modelo Estándar Supersimétrico Mínimo proceda da gran unificación, a idea de que os grupos de simetría gauge deberían unificarse a altas enerxías. Porén, no Modelo Estándar, os acoplamentos gauge das interaccións débil, forte e magnética non chegan a unificarse a altas enerxías. En particular, a evolución segundo o grupo de renormalización das tres constantes de acomplamento gauge do Modelo Estándar é algo sensible ó contido actual de partículas da teoría. Estas constantes de acoplamento non chegan a coincidir exactamente nunha escala de enerxía común se se aplica o grupo de renormalización utilizando o Modelo Estándar.[53][54]

Tras incorporar a SUSY na escala electrodébil, a evolución dos acoplamentos gauge modifícase, e prevese que a converxencia conxunta das constantes de acoplamento gauge se produza aproximadamente a 1016 GeV. Esta evolución modificada tamén proporciona un mecanismo natural para a ruptura radiativa da simetría electrodébil.

En moitas extensións supersimétricas do Modelo Estándar, existe unha partícula pesada estable (como o neutralino) que podería actuar como a candidata a materia escura do tipo "WIMP" (partícula masiva da interacción débil). A existencia dunha candidata supersimétrica á materia escura está estreitamente relacionada coa paridade R. A supersimetría á escala electrodébil proporciona típicamente unha candidata a materia escura cunha escala de masas compatible cos cálculos de abundacia térmica.[55][56]

O paradigma estándar para incorporar a supersimetría nunha teoría realista consiste en que a dinámica subxacente da teoría sexa supersimétrica, pero que o estado fundamental da teoría non respecte esa simetría e que a supersimetría se rompa espontaneamente. A ruptura da supersimetría non pode ser realizada de maneira permanente polas partículas do Modelo Estándar Supersimétrico Mínimo tal e como aparecen actualmente. Isto significa que existe un novo sector da teoría responsable da ruptura. A única restrición sobre este novo sector é que debe romper a supersimetría de maneira permanente e proporcionar ás superpartículas masas da orde do TeV. Existen moitos modelos capaces de facelo, e a maior parte dos seus detalles non son relevantes. Para parametrizar as características relevantes da ruptura da supersimetría, engádense á teoría termos arbitrarios de ruptura suave da SUSY, que rompen temporalmente a SUSY de maneira explícita, pero que nunca poderían xurdir a partir dunha teoría completa da ruptura da supersimetría.

Busca e restricións sobre a supersimetría

[editar | editar a fonte]

As extensións supersimétricas do Modelo Estándar están condicionadas por unha gran variedade de experimentos, incluíndo medicións de observables de baixa enerxía, como o momento magnético anómalo do muón en Fermilab; a medición da densidade de materia escura realizada por WMAP e os experimentos de detección directa; e os experimentos de colisionadores de partículas, que inclúen a física dos mesóns B, a fenomenoloxía do osón de Higgs e as procuras directas de supercompañeiros, realizadas no Large Electron-Positron Collider ou no LHC. De feito, o CERN afirma publicamente que, se un modelo supersimétrico do Modelo Estándar "é correcto, as partículas supersimétricas deberían aparecer nas colisións do LHC".[57]

Historicamente, as limitacións máis estritas procedían da produción directa en colisionadores. Os primeiros límites de masa para os squarks e os gluínos establecéronse no CERN mediante os experimentos UA1 e UA2 no Super Proton Synchroton. Posteriormente, o LEP estableceu límites moi fortes,[58] que en 2006 foron ampliados polo experimento D0 no Tevatron.[59][60] Entre 2003 e 2015, as medicións da densidade da materia escura realizadas polo WMAP impuxeron fortes restricións ás extensións supersimétricas do Modelo Estándar. Estas extensións, se pretenden explicar a materia escura, deben estar axustadas para incorporar un mecanismo específico que reduza suficientemente a densidade de neutralinos. Antes do comezo do LHC, en 2009, os axustes dos datos dispoñibles indicaban que os quarks e os gluínos tiñan probablemente masas comprendidas entre os 500 e os 800 GeV, aínda que se permitían valores de ata 2.5 TeV con probabilidades baizas. Agardábase que os neutralinos e os sleptóns fosen bastante lixeiros, sendo máis probable atopar o neutralino máis lixeiro e o stau máis lixeiro entre 100 e 150 GeV. [61]

As primeiras campañas de funcionamento do LHC superaron os límites experimentais existentes establecidos polo Large Electron-Positron Collider e polo Tevatron, e excluíron parcialmente os intervalos esperados mencionados anteriormente.[62] Entre 2011 e 2012, o LHC descubriu un Bosón de Higgs cunha masa de aproximadamente 125 GeV, e con acomplamentos ós fermións e ós bosóns que son compatibles co Modelo Estándar. O MSSM predí que a masa do Bosón de Higgs máis lixeiro non debería ser moito maior que a masa do bosón Z e que, en ausencia de axuste fino (cunha escala de ruptura da simetría da orde de 1 TeV), non debería superar os 135 GeV.[63] O LHC non atopou ningunha partícula previamente descoñecida, agás o Bosón de Higgs, cuxa existencia xa se sospeitaba como parte do Modelo Estándar, e polo tanto, non se atopou ningunha evidencia a favor de ningunha extensión supersimétrica do Modelo Estándar.[49][50]

Os métodosindirectos inclúen a procura dun momento dipolar eléctrico permanente nas partículas coñecidas do Modelo Estándar, que pode xurdir cando unha partícula do Modelo Estándar interactúa coas partícula supersimétricas. A mellor limitación actual sobre o momento dipolar eléctrico do electrón establece que este é inferior a 10−28 e·cm, o que equivale a unha sensibilidade á nova física na escala dos TeV, e é comparable á dos mellores colisionadores de partículas actuais.[64] Un momento dipolar eléctrico permanente en calquera partícula fundamental apunta cara a unha física que viola a reversión temporal e, polo tanto, tamén cara á violación CP a través do teorema CPT. Estes experimentos son, ademais, moito máis escalables que os aceleradores de partículas convencionais e ofrecen unha alternativa práctica para detectar física máis alá do Modelo Estándar, a medida que os experimentos con aceleradores se volven cada vez máis custosos e complexos de manter. O límite actual máis estrito para o momento dipolar eléctrico do electrón xa alcanzou unha sensibilidade suficiente para descartar as chamadas versións «inxenuas» das extensións supersimétricas do Modelo Estándar.[65]

As investigacións realizadas a finais da década de 2010 e principios da de 2020, baseadas en datos experimentais sobre a constante cosmolóxica, o ruído de LIGO e a temporización de púlsares, suxiren que é moi improbable que existan novas partículas con masas moito maiores que aquelas que poden atoparse no LHC.[66][67][68] Porén, estas investigacións tamén indicaron que a gravidade cuántica ou a teoría cuántica de campos perturbativa se volverán fortemente acopladas antes de alcanzar 1 PeV, o que conduciría a outra física nova na escala dos TeV.[66]

  1. ↑ "Supersymmetry". CERN. Arquivado dende o orixinal o 2023-07-14. Consultado o 2023-09-11.
  2. 1 2 Wolchover, Natalie (9 de agosto de 2016). "What No New Particles Means for Physics". Quanta Magazine.
  3. ↑ "What is Supersymmetry?" (en inglés). Fermilab. 21 May 2013. Consultado o 2023-09-30.
  4. ↑ Haber, Howie. "Supersymmetry, Part I (Theory)" (PDF). Reviews, Tables and Plots. Particle Data Group (PDG). Consultado o 8 July 2015.
  5. ↑ Beringer, J. (2012). "SEARCHES FOR MONOPOLES, SUPERSYMMETRY, TECHNICOLOR, COMPOSITENESS, EXTRA DIMENSIONS, etc." (PDF). pdg.lbl.gov. Consultado o 25 de agosto de 2024.
  6. ↑ Martin, Stephen P. (1997). "A Supersymmetry Primer". Perspectives on Supersymmetry. Advanced Series on Directions in High Energy Physics 18. pp. 1–98. ISBN 978-981-02-3553-6. arXiv:hep-ph/9709356. doi:10.1142/9789812839657_0001.
  7. ↑ Baer, Howard; Tata, Xerxes (2006). Weak scale supersymmetry: From superfields to scattering events.
  8. ↑ Dine, Michael (2007). Supersymmetry and String Theory: Beyond the Standard Model. Cambridge University Press. p. 169. ISBN 978-0-521-85841-0.
  9. ↑ Wolchover, Natalie (November 20, 2012). "Supersymmetry Fails Test, Forcing Physics to Seek New Ideas". Quanta Magazine.
  10. ↑ Miyazawa, H. (1966). "Baryon Number Changing Currents". Prog. Theor. Phys. 36 (6): 1266–1276. Bibcode:1966PThPh..36.1266M. doi:10.1143/PTP.36.1266.
  11. ↑ Miyazawa, H. (1968). "Spinor Currents and Symmetries of Baryons and Mesons". Physical Review 170 (5): 1586–1590. Bibcode:1968PhRv..170.1586M. doi:10.1103/PhysRev.170.1586.
  12. ↑ Kaku, Michio (1993). Quantum Field Theory. Oxford University Press. p. 663. ISBN 0-19-509158-2.
  13. ↑ Freund, Peter (1988-03-31). Introduction to Supersymmetry. Cambridge University Press. pp. 26–27, 138. ISBN 0-521-35675-X.
  14. ↑ Gervais, J.-L.; Sakita, B. (1971). "Field theory interpretation of supergauges in dual models". Nuclear Physics B 34 (2): 632–639. Bibcode:1971NuPhB..34..632G. doi:10.1016/0550-3213(71)90351-8.
  15. ↑ Volkov, D. V.; Akulov, V. P. (1998). "Possible universal neutrino interaction". Supersymmetry and Quantum Field Theory. Lecture Notes in Physics 509. pp. 383–385. ISBN 978-3-540-64623-5. doi:10.1007/BFb0105270.
  16. ↑ Volkov, D.V.; Akulov, V.P. (1973). "Is the neutrino a goldstone particle?". Physics Letters B 46 (1): 109–110. Bibcode:1973PhLB...46..109V. doi:10.1016/0370-2693(73)90490-5.
  17. ↑ Akulov, V. P.; Volkov, D. V. (1974). "Goldstone fields with spin 1/2". Theoretical and Mathematical Physics 18 (1): 28–35. Bibcode:1974TMP....18...28A. doi:10.1007/BF01036922.
  18. ↑ Ramond, P. (1971). "Dual Theory for Free Fermions". Physical Review D 3 (10): 2415–2418. Bibcode:1971PhRvD...3.2415R. doi:10.1103/PhysRevD.3.2415.
  19. 1 2 Neveu, A.; Schwarz, J. H. (1971). "Factorizable dual model of pions". Nuclear Physics B 31 (1): 86–112. Bibcode:1971NuPhB..31...86N. doi:10.1016/0550-3213(71)90448-2.
  20. ↑ Wess, J.; Zumino, B. (1974). "Supergauge transformations in four dimensions". Nuclear Physics B (Submitted manuscript) 70 (1): 39–50. Bibcode:1974NuPhB..70...39W. doi:10.1016/0550-3213(74)90355-1.
  21. ↑ "Hagen Kleinert". users.physik.fu-berlin.de (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 06 de novembro de 2020. Consultado o 2023-09-30.
  22. ↑ Iachello, F. (1980). "Dynamical Supersymmetries in Nuclei". Physical Review Letters 44 (12): 772–775. Bibcode:1980PhRvL..44..772I. doi:10.1103/PhysRevLett.44.772.
  23. ↑ Friedan, D.; Qiu, Z.; Shenker, S. (1984). "Conformal Invariance, Unitarity, and Critical Exponents in Two Dimensions". Physical Review Letters 52 (18): 1575–1578. Bibcode:1984PhRvL..52.1575F. doi:10.1103/PhysRevLett.52.1575.
  24. ↑ Shifman, M. (2024-01-19). "Introduction to the second edition of The Supersymmetric World". arXiv:2401.11027 [physics.hist-ph].
  25. ↑ Salam, A.; Strathdee, J. A. (1974). "Supersymmetry and Nonabelian Gauges". Physics Letters B 51 (4): 353–355. Bibcode:1974PhLB...51..353S. doi:10.1016/0370-2693(74)90226-3.
  26. ↑ Shifman, M.; Kane, G. (2000). The Supersymmetric World:The Beginnings of the Theory. World Scientific Publishing. p. 19. ISBN 978-981-02-4522-1.
  27. ↑ Haag, Rudolf; Łopuszański, Jan T.; Sohnius, Martin (1975). "All possible generators of supersymmetries of the S-matrix". Nuclear Physics B 88 (2): 257–274. Bibcode:1975NuPhB..88..257H. doi:10.1016/0550-3213(75)90279-5.
  28. ↑ Dosch, H. G.; de Téramond, G. F.; Brodsky, S. J. (2015). "Supersymmetry Across the Light and Heavy-Light Hadronic Spectrum". Phys. Rev. D 92 (74010). Bibcode:2015PhRvD..92g4010D. arXiv:1504.05112. doi:10.1103/PhysRevD.92.074010.
  29. ↑ Brodsky, S. J.; de Téramond, G. F.; Dosch, H. G. (2023). "In 50 Years of quantum chromodynamics". European Physical Journal C 83 (1125): 132–143. Bibcode:2023EPJC...83.1125G. arXiv:2212.11107. doi:10.1140/epjc/s10052-023-11949-2.
  30. ↑ Efetov, Konstantin (1997). Supersymmetry in Disorder and Chaos. Cambridge University Press.
  31. ↑ Miri, M.-A.; Heinrich, M.; El-Ganainy, R.; Christodoulides, D. N. (2013). "Superymmetric optical structures". Physical Review Letters 110 (23). Bibcode:2013PhRvL.110w3902M. PMID 25167493. arXiv:1304.6646. doi:10.1103/PhysRevLett.110.233902.
  32. ↑ Heinrich, M.; Miri, M.-A.; Stützer, S.; El-Ganainy, R.; Nolte, S.; Szameit, A.; Christodoulides, D. N. (2014). "Superymmetric mode converters". Nature Communications 5. Bibcode:2014NatCo...5.3698H. PMID 24739256. arXiv:1401.5734. doi:10.1038/ncomms4698.
  33. ↑ Miri, M.-A.; Heinrich, Matthias; Christodoulides, D. N. (2014). "SUSY-inspired one-dimensional transformation optics". Optica 1 (2): 89–95. Bibcode:2014Optic...1...89M. arXiv:1408.0832. doi:10.1364/OPTICA.1.000089.
  34. ↑ Ovchinnikov, Igor (March 2016). "Introduction to Supersymmetric Theory of Stochastics". Entropy 18 (4): 108. Bibcode:2016Entrp..18..108O. arXiv:1511.03393. doi:10.3390/e18040108.
  35. ↑ Ovchinnikov, Igor; Ensslin, Torsten (abril de 2016). "Kinematic dynamo, supersymmetry breaking, and chaos". Physical Review D 93 (8). Bibcode:2016PhRvD..93h5023O. arXiv:1512.01651. doi:10.1103/PhysRevD.93.085023.
  36. ↑ Modelo:Cite SSRN
  37. ↑ Bardoscia, Marco; Barucca, Paolo; Battiston, Stefano; Caccioli, Fabio; Cimini, Giulio; Garlaschelli, Diego; Saracco, Fabio; Squartini, Tiziano; Caldarelli, Guido (10 June 2021). "The physics of financial networks". Nature Reviews Physics 3 (7): 490–507. Bibcode:2021NatRP...3..490B. arXiv:2103.05623. doi:10.1038/s42254-021-00322-5. hdl:2108/276460.
  38. ↑ Krasnitz, Michael (2003). Correlation functions in supersymmetric gauge theories from supergravity fluctuations (PDF). Princeton University Department of Physics: Princeton University Department of Physics. p. 91.
  39. ↑ Dienes, Keith R. (7 November 1994). "Modular invariance, finiteness, and misaligned supersymmetry: New constraints on the numbers of physical string states". Nuclear Physics B 429 (3): 533–588. Bibcode:1994NuPhB.429..533D. arXiv:hep-th/9402006. doi:10.1016/0550-3213(94)90153-8.
  40. ↑ Abel, Steven; Dienes, Keith R.; Mavroudi, Einni (15 June 2015). "Towards a Non-Supersymmetric String Phenomenology". Physical Review D 91 (12). Bibcode:2015PhRvD..91l6014A. arXiv:1502.03087. doi:10.1103/PhysRevD.91.126014.
  41. ↑ Kaidi, Justin (15 de maio de 2021). "Stable Vacua for Tachyonic Strings". Physical Review D 103 (10). Bibcode:2021PhRvD.103j6026K. arXiv:2010.10521. doi:10.1103/PhysRevD.103.106026.
  42. ↑ "Physics seeks the future". The Economist. 28 de agosto de 2021. Consultado o 31 de agosto de 2021.
  43. ↑ "Fundamental physics is humanity's most extraordinary achievement". The Economist. 28 de agosto de 2021. Consultado o 31 de agosto de 2021.
  44. ↑ Baer, H.; Barger, V.; Salam, S. (xuño de 2019). "Naturalness versus stringy naturalness (with implications for collider and dark matter searches)". Physical Review Research 1 (2). Bibcode:2019PhRvR...1b3001B. arXiv:1906.07741. doi:10.1103/PhysRevResearch.1.023001.
  45. ↑ Douglas, Michael R. (May 2004). "Statistical analysis of the supersymmetry breaking scale". arXiv:hep-th/0405279.
  46. ↑ Agrawal, V.; Barr, S.; Donoghue, J. F.; Seckel, D. (January 1998). "Anthropic considerations in multiple domain theories and the scale of electroweak symmetry breaking". Physical Review Letters 80 (9): 1822–1825. Bibcode:1998PhRvL..80.1822A. arXiv:hep-ph/9801253. doi:10.1103/PhysRevLett.80.1822.
  47. ↑ Baer, H.; Barger, V.; Serce, H.; Sinha, K. (December 2017). "Higgs and superparticle mass predictions from the landscape". Journal of High Energy Physics 1803 (3): 002. arXiv:1712.01399. doi:10.1007/JHEP03(2018)002.
  48. ↑ Baer, H.; Mustafayev, A.; Tata, X. (September 2014). "Monojet plus soft dilepton signal from light higgsino pair production at LHC14". Physical Review D 90 (11). Bibcode:2014PhRvD..90k5007B. arXiv:1409.7058. doi:10.1103/PhysRevD.90.115007.
  49. 1 2 "ATLAS Supersymmetry Public Results". ATLAS Collaboration. CERN. Consultado o 2017-09-24.
  50. 1 2 "CMS Supersymmetry Public Results". CMS. CERN. Consultado o 2017-09-24.
  51. ↑ Hershberger, Scott (12 January 2021). "The status of supersymmetry". Symmetry Magazine. Consultado o 29 June 2021.
  52. ↑ David, Curtin (agosto de 2011). Model Building And Collider Physics Above The Weak Scale (PDF) (PhD thesis). Cornell University.
  53. ↑ Kane, Gordon L. (June 2003). "The Dawn of Physics Beyond the Standard Model". Scientific American 288 (6): 68–75. Bibcode:2003SciAm.288f..68K. PMID 12764939. doi:10.1038/scientificamerican0603-68 (inactivo 30 March 2026).
  54. ↑ "The Frontiers of Physics". Scientific American (Special ed.) 15 (3): 8. 2005. Arquivado dende o orixinal o 2021-11-05. Consultado o 2021-11-05.
  55. ↑ Feng, Jonathan (11 May 2007). "Supersymmetric Dark Matter" (PDF). University of California, Irvine. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 11 May 2013. Consultado o 16 February 2013.
  56. ↑ Bringmann, Torsten. "The WIMP "Miracle"" (PDF). University of Hamburg. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 1 March 2013.
  57. ↑ "Supersymmetry predicts a partner particle for each particle in the Standard Model, to help explain why particles have mass". CERN: Supersymmetry. Consultado o 5 September 2019.
  58. ↑ LEP2 SUSY Working Group (2004). ALEPH, DELPHI, L3 and OPAL experiments, charginos, large m0. LEPSUSYWG/01-03.1.
  59. ↑ The D0-Collaboration (2009). "Search for associated production of charginos and neutralinos in the trilepton final state using 2.3 fb−1 of data". Physics Letters B 680 (1): 34–43. Bibcode:2009PhLB..680...34D. arXiv:0901.0646. doi:10.1016/j.physletb.2009.08.011. hdl:10211.3/195394.
  60. ↑ The D0 Collaboration (2008). "Search for squarks and gluinos in events with jets and missing transverse energy using 2.1 fb−1 of pp− collision data at s = 1.96 TeV". Physics Letters B 660 (5): 449–457. Bibcode:2008PhLB..660..449D. arXiv:0712.3805. doi:10.1016/j.physletb.2008.01.042.
  61. ↑ Buchmueller O; et al. (2009). "Likelihood Functions for Supersymmetric Observables in Frequentist Analyses of the CMSSM and NUHM1". The European Physical Journal C 64 (3): 391–415. Bibcode:2009EPJC...64..391B. arXiv:0907.5568. doi:10.1140/epjc/s10052-009-1159-z.
  62. ↑ Roszkowski, Leszek; Sessolo, Enrico Maria; Williams, Andrew J. (11 de agosto de 2014). "What next for the CMSSM and the NUHM: improved prospects for superpartner and dark matter detection". Journal of High Energy Physics 2014 (8): 67. Bibcode:2014JHEP...08..067R. arXiv:1405.4289. doi:10.1007/JHEP08(2014)067.
  63. ↑ Carena, Marcela; Haber, Howard E. (2003). "Higgs Boson Theory and Phenomenology". Progress in Particle and Nuclear Physics 50 (1): 63–152. Bibcode:2003PrPNP..50...63C. arXiv:hep-ph/0208209. doi:10.1016/S0146-6410(02)00177-1.
  64. ↑ Baron J, Campbell WC, Demille D, Doyle JM, Gabrielse G, et al. (2014). "Order of Magnitude Smaller Limit on the Electric Dipole Moment of the Electron". Science 343 (6168): 269–272. Bibcode:2014Sci...343..269B. PMID 24356114. arXiv:1310.7534. doi:10.1126/science.1248213.
  65. ↑ The ACME Collaboration (October 2018). "Improved Limit on the Electric Dipole Moment of the Electron" (PDF). Nature 562 (7727): 355–360. Bibcode:2018Natur.562..355A. PMID 30333583. doi:10.1038/s41586-018-0599-8.
  66. 1 2 Afshordi, Niayesh; Nelson, Elliot (7 de abril de 2016). "Cosmological bounds on TeV-scale physics and beyond". Physical Review D 93 (8). Bibcode:2016PhRvD..93h3505A. arXiv:1504.00012. doi:10.1103/PhysRevD.93.083505. Consultado o 20 de febreiro de 2023.
  67. ↑ Afshordi, Niayesh (21 November 2019). "On the origin of the LIGO "mystery" noise and the high energy particle physics desert". arXiv:1911.09384 [gr-qc].
  68. ↑ Afshordi, Niayesh; Kim, Hyungjin; Nelson, Elliot (15 March 2017). "Pulsar Timing Constraints on Physics Beyond the Standard Model". arXiv:1703.05331 [hep-th].