Saltar ao contido

Atol Suwarrow

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Suwarrow»)
Atol Suwarrow
Vista aérea
Imaxe
 Instancia de
 Parte de
 Epónimo
Implicados
 Inventor/a ou descubridor/a
Datas
 Descuberta / invención
27 de setembro de 1814 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Situado na entidade xeográfica
 Localización
 Bañado por
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Superficie
   150 km² Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
VIAF243042564 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/045m9k Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Suwarrow (ou tamén Suvorov ou Suvarov) é un atol das illas Cook setentrionais. Está situado a 825 km ao noroeste de Rarotonga.

O atol consiste en 22 illotes sobre un escollo de coral. O máis grande, que foi habitado intermitentemente, é Anchorage Island. A superficie total é de 0,4 km².

Non existe un asentamento tradicional polinesio e estaba deshabitado cando foi descuberto, en 1814, polo ruso Mikhail Lazarev no barco Suvorov, que traía o nome do xeneral ruso Alexander Vasilyevich Sovorov, denominado Suwarrow no poema épico Don Juan de Lord Byron. No século XIX atopáronse uns misteriosos tesouros, probablemente dalgún galeón español perdido no Pacífico.

En 1978 foi declarado parque nacional, o único nas illas Cook. É un lugar destacado polas aves mariñas e polos caranguexos de coco (birgus latro). Actualmente só hai un habitante, o gardián do parque nacional.