Saltar ao contido

Xavier Senín

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaXavier Senín

(2012) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento13 de maio de 1949 Editar o valor en Wikidata (77 anos)
Pontecesures Editar o valor en Wikidata
Grupo étnicoPobo galego Editar o valor en Wikidata
Formación profesionalFiloloxía Moderna
Actividade
Ocupacióntradutor Editar o valor en Wikidata
Membro de
Xénero artísticoTradución
Premios

Enciclopedia Galega Universal: 185161 BNE: XX849867 Bitraga: 1815 AELG: 88 BUSC: 981013404018407712

Francisco Xavier Senín Fernández, nado en Pontecesures o 13 de maio de 1949, é un tradutor galego. A Real Academia Galega nomeouno académico correspondente en outubro de 2020[1]. Ese mesmo ano recibiu o Premio Nacional á Obra dun Tradutor de mans do Ministerio de Cultura de España, o máximo galardón a nivel estatal.[2]

[O xurado quixo recoñecer a Francisco Xavier Senín Fernández co Premio Nacional á Obra dun Tradutor] "pola súa dilatada obra como tradutor ao galego, a partir de obras de gran variedade temática e tipolóxica, que abrangue dende clásicos como O Quixote, a libros de literatura infantil e xuvenil, cómic e obras pertencentes a diferentes xéneros literarios. As súas traducións salientan pola súa calidade e meticulosidade, nas que amosa un coñecemento pouco común das variedades diatópicas, diastráticas e diafásicas do galego. (...) Destaca tamén o seu traballo para o fomento da tradución ao galego".
Acta do xurado reproducida polo Servizo de Prensa da Moncloa[3]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

É licenciado en Filoloxía Moderna na rama de lingua francesa, e ten a cátedra de bacharelato. Ocupou distintos cargos na Asociación de Tradutores Galegos desde a súa creación. Foi profesor colaborador do Instituto de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela e da Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria para impartir cursos de lingua galega. Foi corrector lingüístico para a Editorial Galaxia entre 1985 e 1987, así como coordinador de libros de texto.

Foi director xeral do Libro da Xunta de Galicia durante a etapa do tripartito e máis tarde durante os distintos gobernos do Partido Popular. Na actualidade está xubilado, mais desempeñou o seu labor docente sobre todo como profesor de francés en Santiago de Compostela. Escribiu durante anos, con periodicidade semanal, unha columna para O Correo Galego. En 2010 foi, canda Manuel Bragado ou Marilar Aleixandre, un dos sete membros do comité de dirección do Congreso Internacional de IBBY celebrado en Santiago de Compostela[4].

... lembramos con especial admiración a súa etapa como subdirector xeral do Libro na Xunta de Galicia, primeiro durante os anos do chamado goberno tripartito (1987-1990) e despois en sucesivos gobernos do Partido Popular, e durante un ano, no de coalición PSOE-BNG, mostra da súa capacidade de arbitraxe, do seu talante integrador e da súa competencia (autorictas) profesional.
Proemio de Víctor Freixanes para a 1ª edición de O alfaiate portugués (Galaxia, 2016).
Os tradutores Xavier Senín (no centro) e Isabel Soto, xunto co editor Alejandro Tobar, durante a presentación da tradución de Locus Solus (Editorial Hugin e Munin) en Cambados.

Como tradutor, ten no seu haber numerosas traducións, principalmente do francés e o castelán para o galego. Por exemplo, os libros franceses A Clase de François Bégaudeau ou Mal de escola de Daniel Pennac ou Onde o aire non era brisa de María Victoria Moreno. Cómpre salientar que decote traduce conxuntamente con Isabel Soto[5].

Literatura infanto-xuvenil

[editar | editar a fonte]
  • O galo Quirico, adaptación do autor, 2009, Galaxia.
  • Novo amor en Arousa, 2009, Pío García Edicións.
  • O soldadiño de chumbo, de Hans Christian Andersen, 2010, Galaxia. Adaptación do autor.

Traducións

[editar | editar a fonte]
  • O que o vento nos conta de Waldemar Daae, de Hans Christian Andersen, 1983, Argos Vergara.
  • Os zarramplíns, de Sergio Balestrini, 1983, Galaxia.
  • ¡Adeus, boa viaxe!, de Marta Balaguer, 1984, Arcos Vergara.
  • As babuchas enmeigadas, conto de As mil e unha noites, adaptado por Francesc Boada, 1984, Galaxia.
  • Contos de cores, de Joles Sennell, 1984, Argos Vergara.
  • Os dentes do león, de Mercé Company, 1984, Argos Vergara.
  • O globo, de J. J. Guillén, 1984, Argos Vergara.
  • Guillermo Tell: lenda suíza, adaptado por M. Ángels Gardella, 1984, Galaxia.
  • Hil-Lady, de Ricardo Alcántara, 1984, Argos Vergara.
  • A oca de ouro, dos irmáns Grimm, 1984, Galaxia.
  • Pandolfi na grande cidade, de Francesc d'Assis Sales, 1984, Argos Vergara.
  • A raiña dos peixes, de Gérard de Nerval, 1984, Argos Vergara.
  • A serpe branca, dos irmáns Grimm, 1984, Galaxia.
  • Unha tarde no mar, de Joaquim Ruyra, 1984, Argos Vergara.
  • Os tres pretendentes, de Fernán Caballero, 1984, Galaxia.
  • A viaxe de Ruteazul, de Laura Medina, 1984, Galaxia.
  • O xigante-máis-alto xoga á pelota, de Joma, 1984, Argos Vergara.
  • O dragón das catro cabezas, de Antoniorrobles, 1985, Galaxia.
  • Segredos de abanos, de Joan Manuel Gisbert, 1985, Argos Vergara.
  • A traxedia de Romeo e Xulieta, segundo a obra de William Shakespeare, versión de José Luis Gímenez Frontín, 1985, Argos.
  • As ratas na escola, de M. Dolors Alibés i Riera, 1986, Galaxia.
  • As aventuras de Roi e Martiño, de Antonio Cuadrench, 1987, Galaxia.
  • O explorador e a mona, de Pako Sagarzazu, 1987, Galaxia.
  • A ovella negra, de Roser Capdevila, 1991, Galaxia.
  • Polgariño, dos irmáns Grimm, 1991, Galaxia.
  • O anel perdido, un xogo divertido, de Enrique Páez, 1992, Bruño.
  • A infancia de Martiño Piñeiro, de Juan Farias, 1992, Bruño.
  • Os robots, de Suzanne Martel, 1995, Bruño.
  • Crónicas de media tarde, de Juan Farias, 1997, Everest Galicia.
  • Ismael, que foi mariñeiro, de Juan Farias, 2000, Everest Galicia.
  • Os perfectos, de Rodrigo Muñoz Avia, 2007, Rodeira.
  • Angelica, de Lygia Bojunga Nunes, 2008, S. M.
  • Tres rosas de Madame d'Aulnoy, 2009, Novelúa.
  • Relatos de monstros, Steven Zorna, 2012, Vicens Vives.
  • Pescador de Islandia, de Pierre Loti, 2014, Hugin e Munin.
  • Contos do luns, de Alphonse Daudet, 2014, BIVIR.
  • No ceo, de Octave Mirbeau, 2015, Hugin e Munin.
  • Unha desolación, de Yasmina Reza, 2016, Hugin e Munin.
  • As damas verdes, de George Sand, 2016, Hugin e Munin.
  • Ourika, de Claire de Duras, 2019, Hugin e Munin.
  • De libros e viaxes. Dous contos franceses[6], de Gustave Flaubert e Guy de Maupassant, 2019, Novelúa.
  • O home das bonecas, de Jean-Louis Renaud, 2020, Hugin e Munin.
  • Thérèse Desqueyroux, de François Mauriac, 2021, Hugin e Munin.
  • As gratitudes, de Delphine de Vigan, 2023, Hugin e Munin.

Traducións en colaboración

[editar | editar a fonte]

Edicións

[editar | editar a fonte]

Outras obras

[editar | editar a fonte]
  1. ↑ "O pleno da Academia nomea a Xavier Senín membro correspondente". Real Academia Galega. 3 de outubro de 2020.
  2. ↑ "Francisco Xavier Senín, ‘Premio Nacional’ pola súa traxectoria de tradución ao galego". Nós Diario. 11 de novembro de 2020.
  3. ↑ "Francisco Xavier Senín Fernández e Isabel García Adánez, Premio Nacional a la Obra de un Traductor 2020 y Premio Nacional a la Mejor Traducción 2020 respectivamente". La Monclo (en castelán). 11 de novembro de..
  4. ↑ Composición do comité Arquivado 25 de marzo de 2012 en Wayback Machine. en ibbycompostela2010.org
  5. ↑ "Astérix volverá falar galego da man de Xerais". Praza Pública. 23 de agosto de 2013.
  6. ↑ Conformado por dous relatos: "Bibliomanía" ("Bibliomanie", 1837) de Flaubert e "De viaxe" ("En voyage", 1882) de Maupassant. Dep. Legal: C 1819-2019.
  7. ↑ Ficha Arquivado 24 de setembro de 2019 en Wayback Machine. na web da editorial.
  8. ↑ Ficha da obra Arquivado 23 de outubro de 2017 en Wayback Machine. na páxina da editorial.
  9. ↑ Informe de Literatura 2008 no CIRP, páxina 1535. Extracto da recensión de Paula Fdez. “Desde A Odisea”, Faro de Vigo, “Faro da Cultura”, n.º 231, “Infantil/Xuvenil”, 10 xaneiro 2008, p. VII.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]