Saltar ao contido

Anxa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Xela»)
Anxa
 Nome orixinal
    Anxa (gl) Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
Características
 Lingua
Localización
 Mapas
Mapa de distribución
Wikidata
Distribución municipal da variante Xela en Galicia, con datos do IGE de 2025.
Distribución municipal da variante Anxela en Galicia, con datos do IGE de 2025.

Anxa[1][2] é un nome propio feminino galego. O nome procede do latín angelus, que á súa vez deriva do grego ἄγγελος (ággelos), que quere dicir "mensaxeiro". En galego tamén ten as variantes Xela e Anxela, e os hipocorísticos Xeluca e Xelucha.[2]

En xaneiro de 2025 existían 17 mulleres en Galicia co nome Anxa, cunha media de idade de 24,6 anos,[3] 323 co nome Anxela, cunha media de idade de 26,7 anos[4] e 267 co nome Xela, cunha media de idade de 10,6 anos.[5]

A orixe do nome provén da advocación de Nosa Señora dos Anxos. A advocación xurdiu a raíz dun fenómeno atmosférico insólito producido un verán de moita seca que os fieis interpretaron como unha nevarada en pleno mes de agosto.[6]

4 de xaneiro: Santa Anxa: natural de Foligno, viviu no século XIII. 27 de xaneiro: Santa Anxa de Mericí: franciscana, viviu no século XV. 2 de outubro: Santos Anxos Custodios. 5 de novembro: Santa Ánxela da Cruz, Sevilla. 14 de decembro: Santa Anxa de Urbina e Antezana

  1. ↑ Xunta de Galicia (ed.). "Ímoslle chamar..." (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de marzo de 2018. Consultado o 13 de xuño de 2017.
  2. 1 2 Boullón Agrelo, A. I. (coord.) (2022). "Anxa". Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes>.
  3. ↑ Nome Anxa na Web do Instituto Galego de Estatística
  4. ↑ Nome Anxela na Web do Instituto Galego de Estatística
  5. ↑ Nome Xela na Web do Instituto Galego de Estatística
  6. ↑ "Ímoslle chamar da [[Xunta de Galicia]] a través de lingua.gal" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de marzo de 2018. Consultado o 14 de setembro de 2015.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]