Saltar ao contido

2M1207b

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
2M1207b
Imaxe
 Instancia de
 Parte de
Características
 Astro pai
 Constelación
 Clasificación espectral
L3 Editar o valor en Wikidata
Datas
 Descuberta / invención
outubro de 2004 Editar o valor en Wikidata
 Época
Cifras e dimensións
 Masa
   4 M_J Editar o valor en Wikidata
 Semieixo maior
   42 au Editar o valor en Wikidata
 Declinación do movemento propio
   −23 mas/a Editar o valor en Wikidata
 Ascensión do movemento propio
   −63 mas/a Editar o valor en Wikidata
 Ascensión recta
   181,889583 ° Editar o valor en Wikidata
 Declinación
   −39,548444 ° Editar o valor en Wikidata
 Distancia da Terra
   54 pc Editar o valor en Wikidata
 Magnitude aparente
20
18,09
16,93 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Freebase/m/03wngpn Editar o valor en Wikidata
 Código do catálogo
TIC 102076870b TESS Input Catalog
WDS J12076-3933B Catálogo de Estrelas Duplas Washington (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

2M1207b é un planeta extrasolar que orbita ó redor da estrela anana marrón 2M1207 na constelación de Centaurus, e está a preto de 170 anos luz da Terra.[1] Destacado por ser un dos primeiros candidatos a planeta extrasolar observados directamente (a través de imaxes no infravermello), foi descuberto en abril de 2004 polo Very Large Telescope (VLT) dende o Observatorio de Paranal, Chile, por un equipo do Observatorio Europeo do Sur liderado por Gaël Chauvin.[2] Pénsase que ten entre 3 a 10 veces a masa de Xúpiter e podería orbitar ó redor da súa estrela primaria a unha gran distancia, semellante á distancia a que orbita Plutón ó redor do noso Sol.[3]

Este planeta é un xigante gasoso moi quente, a temperatura estimada da superficie é de aproximadamente 1.600 K (1.300 °C ou 2.400 °F), principalmente debido á contracción gravitacional.[4] A súa masa está ben por baixo do límite calculado para a fusión do deuterio en ananas marróns, que é de 13 masas de Xúpiter. A proxección da distancia entre 2M1207b e a súa estrela primaria é de preto de 40 UA (Similar á distancia media entre Plutón e o Sol).[5] O espectro infravermello indica a presenza de moléculas de auga na súa atmosfera.[6] O obxecto non é un probable candidato para sustenta-la vida, tanto na súa superficie ou en calquera dos seus satélites.

Descubrimento, identificación e propiedades

[editar | editar a fonte]
Imaxe infravermella de 2M1207 (azulada) e do seu acompañante planetario 2M1207b (avermellado), tomada polo Observatorio Europeo do Sur no ano 2004.
Simulación de 2M1207b do programa de software libre Celestia.

2M1207b é preto de 100 veces máis débil no ceo que a súa compañeira.[7] Detectouse por primeira vez coma un "puntiño avermellado de luz" en 2004 polo VLT. Trala observación de inicio, había algunha dúbida en canto a saber se os obxectos podían ser só unha simple binaria óptica, pero observacións posteriores do Telescopio Espacial Hubble e do VLT demostraron que os obxectos móvense xuntos e son, polo tanto, presuntamente un sistema binario.[6]

O valor inicial da estimación fotométrica da distancia ata 2M1207b era de 70 parsecs.[1] En decembro do 2005, o astrónomo norteamericano Eric Mamajek informou dunha avaliación máis precisa da distancia (53 ± 6 parsecs) para 2M1207b usando o método de cúmulo en movemento.[8] Recentes resultados das paralaxes trigonométricas confirmaron esta distancia de cúmulo en movemento, levando a unha estimación de distancia de 52,75 +1,04
−1,00
parsec ou 172 ± 3 anos luz.[1]

As estimacións para a masa, tamaño e temperatura de 2M1207b aínda son moi pouco precisas. Aínda que as evidencias espectroscópicas son consistentes cunha masa de 8 ± 2 masas de Xúpiter e unha temperatura de superficie de 1600 ± 100 K, os modelos teóricos para este obxecto predín unha luminosidade 10 veces maior cá observada. Debido a isto, foron propostas estimacións máis baixas para a masa e temperatura. Alternativamente, 2M1207b pode estar escurecido por un disco de po e gas.[4] Como unha posibilidade improbable, Mamajek e Michael Meyer suxiren que o planeta é realmente moi pequeno, pero está irradiando calor xerada por unha recente colisión.[9][10]

Aínda que a masa de 2M1207b é menor que a necesaria para que a fusión do deuterio comece, isto ocorre a partir das 13 masas de Xúpiter, e a imaxe de 2M1207b foi amplamente aclamada coma a primeira imaxe directa dun planeta extrasolar, pode ser cuestionado se 2M1207b é realmente un planeta. Algunhas definicións do termo planeta esixen que un planeta se teñan formado do mesmo xeito cós planetas do noso Sistema Solar, por acrecentamento nun disco protoplanetario.[11] Con esta definición, se 2M1207b se formou directamente por colapso gravitacional dentro dunha nebulosa de gas, sería clasificado como unha sub-anana marrón, no canto dun planeta. Un debate similar existe en relación á identidade de GQ Lupi b, tamén fotografada por primeira vez en 2004.[12] Por outra banda, o descubrimento de casos marxinais como o de Cha 110913-773444-a, poñen en riba da mesa a cuestión se distinguir polo xeito da súa formación é unha forma razoable de distinguir entre estrelas/ananas marróns e planetas.[13] No 2006, a Unión Astronómica Internacional, a través do seu grupo de traballo sobre planetas extrasolares, describían a 2M1207b coma "un posible compañeiro planetario masivo que podería ser unha anana marrón".[14]

  1. 1 2 3 ~ emamajek/memo_2m1207.html "A distancia ó sistema 2M1207", Eric Mamajek, 8 de novembro do 2007. Consultado o 15 xuño do 2008.
  2. ↑ A giant planet candidate near a young brown dwarf. Direct VLT/NACO observations using IR wavefront sensing, G. Chauvin, A.-M. Lagrange, C. Dumas, B. Zuckerman, D. Mouillet, I. Song, J.-L. Beuzit, P. Lowrance, Astronomy and Astrophysics, 425 (October 2004), pp. L29–L32. Bibcode:2004A&A...425L..29C, Doi:10.1051/0004-6361:200400056.
  3. ↑ Star: 2M1207 Arquivado 06 de outubro de 2011 en Wayback Machine., Extrasolar Planets Encyclopaedia. Consultado o 15 de xuño do 2008.
  4. 1 2 The Planetary Mass Companion 2MASS 1207-3932B: Temperature, Mass, and Evidence for an Edge-on Disk, Subhanjoy Mohanty, Ray Jayawardhana, Nuria Huelamo, and Eric Mamajek, Astrophysical Journal 657, #2 (marzo de 2007), pp. 1064–1091. Bibcode:2007ApJ...657.1064M, Doi:10.1086/510877.
  5. ↑ A proxección estimada da separación observada obtívose da separación angular observada e distancia estimada.
  6. 1 2 Si, é a imaxe dun exoplaneta: Astrónomos confirman a primeira imaxe dun planeta fora do noso sistema solar, ESO Press Release 12/05, 30 de abril de 2005, Observatorio Europeo do Sur. Consultado o 10 de xullo do 2010.
  7. ↑ Luminosidade bolométrica, Táboa 1, Mohanty 2007.
  8. ↑ Mamajek (2005). "A Moving Cluster Distance to the Exoplanet 2M1207b in the TW Hydrae Association". The Astrophysical Journal 634 (2): 1385–1394. Bibcode:2005ApJ...634.1385M. arXiv:astro-ph/0507416. doi:10.1086/468181.
  9. ↑ An Improbable Solution to the Underluminosity of 2M1207B: A Hot Protoplanet Collision Afterglow, Eric E. Mamajek and Michael R. Meyer, Astrophysical Journal 668, #2 (October 2007), pp. L175–L178. Bibcode:2007ApJ...668L.175M, Doi:10.1086/522957.
  10. ↑ "Planet collision could explain alien world's heat". NewScientist Space Website. 09-01-2008. Arquivado dende o orixinal o 10-01-2008. Consultado o 11-01-2008.
  11. ↑ E.g., Soter, in What Is a Planet?, Astronomical Journal 132, #6 (December 2006), pp. 2513–2519. Bibcode:2006AJ....132.2513S, Doi:10.1086/508861.
  12. ↑ Fresh Debate over First Photo of Extrasolar Planet, Robert Roy Britt, space.com, April 30, 2005. Consultado 0 16 de xuños do 2008.
  13. ↑ A Planet With Planets? Spitzer Finds Cosmic Oddball Arquivado 11 de outubro de 2012 en Wayback Machine., Whitney Clavin, news article, NASA, November 29, 2005. Consultado o 16 de xuño do 2008.
  14. ↑ Lists of Extrasolar Planets Arquivado 19 de xuño de 2008 en Wayback Machine., IAU Working Group on Extrasolar Planets, August 28, 2006. Consultado o 15 de xuño do 2008.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]