Aestus
Etapa superior dun Ariane 5. O motor Aestus está na parte inferior do corte. | |
| País de orixe | Europa[1] |
|---|---|
| Primeiro voo | 30 de outubro de 1997[1] |
| Fabricante | Ottobrunn Space Propulsion Centre |
| Aplicación | Última etapa dos Ariane 5 ES e GS.[1] |
| Estado | En produción[1] |
| Motor de combustible líquido | |
| Propelente | Tetróxido de nitróxeno[1] / MMH[1] |
| Taxa de mestura | 2,05[1] |
| Bombas | Circuíto presurizado por helio[1] |
| Configuración | |
| Taxa da tobeira | 84[1] |
| Rendemento | |
| Pulo | 29 kN[1] |
| Presión na cámara | 11,0 bar |
| Impulso específico | 324 s[1] |
| Tempo de acendido | 1100 segundos (ata cinco reacendidos)[1] |
| Dimensións | |
| Lonxitude | 2,20 m[1] |
| Diámetro | 1,32 m[1] |
| Peso seco | 111 kg[1] |
| Usado en | |
| Ariane 5 ES, Ariane 5 GS | |
Aestus é a designación dun motor foguete usado como etapa superior nos foguetes Ariane 5.[1]
Características
[editar | editar a fonte]O motor Aestus foi desenvolvido entre 1988 e 1995 para ser usado como etapa superior dos foguetes Ariane 5 ES e GS. A versión orixinal do motor non podía reacenderse unha vez apagado, pero a versión ES pode reacenderse para poder poñer en órbita ó ATV.[1]
O motor consome unha mestura bipropelente de MMH (monometil hidracina) e tetróxido de nitróxeno. Foi desenvolvido no Centro de Propulsión Espacial Ottobrunn e o seu primeiro voo operativo tivo lugar o 30 de outubro de 1997, durante o lanzamento do voo 502 do Ariane 5. Entre 1999 e 2002 tivo lugar un programa de mellora do motor. O motor resultante voou por primeira vez o 26 de febreiro de 2004, durante o voo 518 do Ariane 5. Foi entre 2003 e 2007 en que se desenvolveu a capacidade de reacendido do motor para o lanzamento do primeiro ATV, que quedou plenamente demostrado durante o voo inaugural dun ATV no voo 528, o 9 de marzo de 2008.[1]
A cámara de combustión está deseñada en base á refrixeración rexenerativa: o MMH, antes da combustión, presurízase para ser distribuído a través de pequenos condutos que rodean a parede da cámara de combustión e producir unha refrixeración moi efectiva; o MMH entra entón no inxector, que o distribúe uniformemente entre 132 elementos de inxección dentro da cámara de combustión, onde se mestura co tetróxido de nitróxeno e producíndose unha combustión espontánea. Durante a combustión as temperaturas na cámara alcanzan os 3000 K a unha presión de 11 bares[1]