Alberto Cairo
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 17 de xuño de 1974 A Coruña |
| Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
| Actividade | |
| Ocupación | xornalista, profesor universitario, deseñador |
| Empregador | Universidade de Miami |
| Sitio web | albertocairo.com |
Alberto Cairo, nado na Coruña o 17 de xuño de 1974, é un deseñador da información e profesor galego. Cairo ocupa a Cátedra Knight en Xornalismo Visual na Escola de Comunicación da Universidade de Miami.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Formación
[editar | editar a fonte]Licenciouse en Xornalismo na Universidade de Santiago de Compostela, e doutorouse na Universitat Oberta de Catalunya, en Barcelona. Comezou a traballar como infografista na segunda metade dos anos noventa, primeiro en La Voz de Galicia e despois en Diario 16, onde traballou realizando gráficos impresos. De alí pasou a traballar como xornalista de datos e infografista en El Mundo, onde experimentou con tecnoloxías daquela nacentes como Macromedia Flash para facer infografía multimedia. Deveu en director de gráficos interactivos, supervisando un equipo de cinco persoas, nun intre no que moi poucos diarios internacionais producían traballos deste tipo. Exemplos salientables son as pezas multimedia da cobertura ataques do 11 de setembro de 2001 nos Estados Unidos, e mailos atentados do 11 de marzo de 2004 en Madrid[1].
En 2005 marchou aos Estados Unidos para traballar como profesor na Universidade de Carolina do Norte en Chapel Hill onde ensinou Flash, animación 3D, e gráficos interactivos. Regresou ao mundo editorial en 2007 como director de Infografía e Multimedia da Editora Globo, a división de revistas do maior conglomerado de medios brasileiro, facendo de director executivo da revista semanal Época, en São Paulo, Brasil[2].
Regresou aos Estados Unidos en 2012 como profesor da Universidade de Miami. Aquel ano creou o primeiro MOOC en xornalismo, Introdución a Infographics e Visualización de Datos, co Centro Knight para Xornalismo nas Américas. Cairo ensina no departamento de Xornalismo e mailo Mestrado en Medios Interactivos, e é o director do programa de visualización no Instituto de Frost para a Ciencia de Datos e Computación[1].
En 2016 deseñou unha serie de datos con forma de dinosauro cando se visualizaban en coordenadas, advertindo de "non se fiar só dos resumos estatísticos; e visualizar sempre o dato".[3] Acabaría inspirando a creación da ducia do Datasaurus.[4]
Obra
[editar | editar a fonte]- The Functional Art: an Introduction to Information Graphics and Visualization (2012)
- The Truthful Art: Data, Charts, and Maps for Communication (2016)
- How Charts Lie (2019)[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 "Show, don't tell: Alberto Cairo, Power BI & the rise of data journalism".
- ↑ "Páxina persoal do autor". Archived from the original on 26 de setembro de 2015. Consultado o 04 de setembro de 2024.
- ↑ "As mesmas estatísticas, gráficas diferentes". Autodesk Research (en inglés).
- ↑ "Datasaurus: non se fiar só dos resumos estatísticos; visualizar sempre o dato". Arquivado dende o orixinal o 20 de xuño de 2024. Consultado o 04 de setembro de 2024.
- ↑ "Lies, damn lies and charts". The Economist. ISSN 0013-0613. Consultado o 2024-02-01.