Alcublas
| Alcublas | |||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||||||||||||||
Alcublas (en valenciano Les Alcubles) é un municipio da Comunidade Valenciana. Pertencente á provincia de Valencia, na comarca de Serrans.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Municipio situado na vertente sur da zona montañosa de ligazón entre a Serra Calderona e a Serra de Andilla, que separa as concas do Turia e o Palancia. O relevo do termo non é moi accidentado, caracterizándose pola existencia de "cuncas" e chairas rodeadas de cerros de mediana elevación. Esta característica permitiu a instalación dun aeródromo no Chairo da Balsa, en 1936. As principais alturas son Pedroso (878 m), Los Molinos (904 m), Verdinal (614 m) e La Solana (1.123 m).
O termo carece de correntes fluviais importantes, sendo a única a destacar a rambla de Alcublas, que logo dá orixe á rambla de Artaix. Na parte sur do termo hai montes cubertos de piñeirais; no resto hai pastos e monte baixo (romeu, espliego etc).
A vila está na cabeceira da rambla de Alcublas, nunha ampla "cunca" rodeada por varios cerros, moi próxima ao linde con Andilla. Accédese a esta localidade, dende Valencia, tomando a CV-35 ata enlazar coa CV-339 e logo continuar pola CV-245.
O termo municipal de Alcublas limita coas localidades de Andilla e Llíria pertencentes á provincia de Valencia, e Sacañet, Jérica e Altura na provincia de Castelló.
Demografía
[editar | editar a fonte]Economía
[editar | editar a fonte]Existen dentro do termo terreos dedicados a diversos cultivos: viñedos, cereais, oliveiras, amendoeiras e figueiras. O viño e o aceite son as principais producións. Pola abundancia de plantas aromáticas hai gran dedicación apícola, así como de obtención de esencia de espliego.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]- Concello. Edificio do século XVII.
- Los Molinos. Muíños onde antigamente se moía o gran, foron recentemente restaurados. Dende a montaña onde están situados pódese apreciar unha bela panorámica do pobo.
Festividades
[editar | editar a fonte]- Santo Antón Abade. Celébranse estas festas o 17 de xaneiro.
- Romaría á Cova Santa. O primeiro sábado de maio ten lugar a romaría ao Santuario da Virxe da Cova Santa, distante 13 km do pobo, facendo a viaxe de ida e volta a pé gran número de romeus.
- Festas en honra á Virxe da Saúde. Celébranse en agosto, normalmente entre a terceira e cuarta fin de semana do mes.
