Anathema foi un grupo musical fundado en Liverpool, Reino Unido, no ano 1990 como unha banda de doom metal, aínda que co paso do tempo foi rebelándose como un dos grupos máis importantes do rock progresivo actual. A comezos dos 90 contribuíu a creación do doomdeath metal xunto con Paradise Lost e My Dying Bride, pero desde a publicación de Eternity comezaron coa súa evolución ata o rock atmosférico que practican actualmente.
Anathema comezou co nome de Pagan Angel en 1990, liderada polos irmáns Daniel (guitarra), Vincent (guitarra) e Jamie Cavanagh (baixo), unidos a Darren White (voz) e John Douglas (batería). Trala publicación de Serenades e The Silent Enigma, Anathema converteuse nunha das bandas que desenvolveron un papel fundamental na creación do doomdeath metal. En 1996 publicouse Eternity, que marcou o comezo da evolución do grupo británico cara a unha música influída por Pink Floyd, Radiohead ou Jeff Buckley. Os seguintes álbums foron Alternative 4 (1998), Judgement (1999) e A Fine Day to Exit (2001), que precederon a A Natural Disaster (2003), a confirmación definitiva do cambio estilístico de Anathema debido ao son atmosférico que impera no disco. O disco Hindsight, unha gravación acústica de vellas cancións da banda, precederá ao álbum Horizons, que será publicado a finais de 2008.
Dende entón editaron varios discos, xa tendendo sempre cara a un estilo musical mais atmosférico e con melodías envolventes, cheo de teclados, coros, arranxos orquestrais e a voz feminina de Lee Douglas collendo mais protagonismo.
No 2020 andaban a programar unha nova xira mundial que tiveron que cancelar mor da crise da COVID-19, o que lles levou a pausar a súa actividade de maneira indefinida