Saltar ao contido

Ancasta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ancasta
 Instancia de
Biografía
 Sexo
Fontes e ligazóns
Freebase/m/06t85b Editar o valor en Wikidata
Wikidata

Ancasta é unha deusa celta adorada en Britania. É coñecida por unha única inscrición atopada no Reino Unido no asentamento romano de Clausentum (Bitterne, preto de Southampton).[1] Ancasta pode considerarse unha deusa local, posiblemente asociada co río Itchen.

Na dedicación votiva a Ancasta lese:

DEAE ANCASTAE GEMINVS MANI VSLM
"Á deusa Ancasta, Geminus Mani[lius] de bo grado e con razón cumpre a súa promesa".

É posible que o nome de 'Ancasta' estea relacionado co protocelta *kasto- que significa 'rápida ou lixeira'.[2] A inscrición atópase na Casa Museo dos Tudor, Southampton.[3]

  1. ↑ Jufer, Nicole & Thierry Luginbühl (2001). Les dieux gaulois : répertoire des noms de divinités celtiques connus par l'épigraphie, les textes antiques et la toponymie. París: Editions Errance. ISBN 2-87772-200-7. p.21.
  2. ↑ Centre for Advanced Welsh and Celtic Studies, Universidade de Gales. "Proto-Celtic—English lexicon Arquivado 14 de xaneiro de 2006 en Wayback Machine.." (See also this page Arquivado 10 de marzo de 2007 en Wayback Machine. for background and disclaimers.)
  3. ↑ Clausentum, Pastscape, consultado o 13 de xaneiro de 2012