Saltar ao contido

Atol Amanu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Atol Amanu
Imaxe
 Instancia de
 Parte de
Localización
 Situado en
 Situado na entidade xeográfica
 Bañado por
 OpenStreetMap
Mapa
 Mapas
Mapa de localización
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Superficie
   240 km² Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
OpenStreetMap6063119 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0280g51 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Amanu é un atol das Tuamotu, na Polinesia Francesa. Forma unha comuna asociada á comuna de Hao. Está situado no centro e ao leste do arquipélago, a 15 km ao norte de Hao.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

O atol ten unha forma ovalada, de 29 km de longo e 10 km de ancho. A superficie total é de 28 km². A lagoa dispón de tres pasos ao oeste. Ao leste hai uns perigosos escollos para a navegación. A vila principal é Ikitake e a poboación total era de 163 habitantes no censo de 2007. Non dispón de infraestruturas significativas.

Amanu foi descuberto a vixilia de Todos Santos de 1774, por José Andía y Varela que o chamou Illa das Ánimas. Foi cartografado por Bellinghausen en 1820, baixo o nome de Moller Island. Tamén se coñeceu co nome de Freycinet.

En 1929 atopáronse os canóns da carabela española San Lesmes, perdida en 1526. Era a segunda expedición española ás Molucas comandada por García Jofre de Loaisa. Ao saír do estreito de Magalláns, a carabela San Lesmes perdeuse no Pacífico. O investigador australiano Robert Langdon mantén que encallou en Amanu, os tripulantes sobreviviron e influíron na cultura das illas veciñas. No ano 2000 atopáronse os restos do HMS Hercules, perdido en 1821.