Saltar ao contido

Atol Ebon

Atol Ebon
Imaxe
 Instancia de
 Parte de
Localización
 Situado en
 Situado na entidade xeográfica
 Bañado por
 Mapas
Mapa de localización
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
902 (1999)
706 (2011) Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   5,75 km² Editar o valor en Wikidata
 Altitude
   25 m Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Freebase/m/06gknp Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Ebon é un atol, de 22 illas no océano Pacífico, e forma un distrito lexislativo da cadea Ralik nas Illas Marshall. A súa superficie total é de só 5´75 km², pero encerra unha profunda lagoa cunha superficie de 104 km², a poboación ascende a 741 persoas. Unha pasaxe conduce á lagoa desde o extremo suroeste do atol. A tortuosa pasaxe chámase "Canle Ebon". Ebon está situado aproximadamente a 155 km. ao sur de Jaluit, e é a masa de terra máis ao sur das Illas Marshall, xa que se atopa no extremo meridional da cadea Ralik.

Ebon era un centro de comercio de baleas no século XIX, así como das actividades misioneiras europeas desde 1857. Foi reclamado polo Imperio Alemán xunto co resto das Illas Marshall en 1884, e os alemáns crearon un posto comercial. Despois da primeira guerra mundial, a illa caeu baixo o Mandato do Pacífico Sur do Imperio xaponés. Tras o final da segunda guerra mundial, quedou baixo o control dos Estados Unidos, como parte do Territorio en Fideicomiso das Illas do Pacífico ata a independencia das Illas Marshall en 1986.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]