Atsugi (厚木市, あつぎし, Atsugi-shi) é un concello da prefectura de Kanagawa no Xapón. Está situado ó sur da rexión de Kantō e no centro da prefectura, na parte leste da illa de Honshū. Ten 93,83km² de superficie, unha poboación de 226.077 habitantes (2009) e unha densidade de poboación de 2.410 h/km².