Saltar ao contido

BIND

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
BIND
Logotipo
 Instancia de
 Uso
Características
 Linguaxe de programación
C Editar o valor en Wikidata
 Licenza
Implicados
 Desenvolvedor/a
Datas
 Fundación / creación
1984 Editar o valor en Wikidata
 Data de publicación
1984 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Versións
9.20.30 versión estábel (21 de outubro de 2026)
9.17.22 versión beta (19 de xaneiro de 2022)
9.21.27 versión alfa, versión inestábel (21 de outubro de 2026) Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Freebase/m/02f5s Editar o valor en Wikidata
 Páxina WEB
 Repositorio
Wikidata

BIND (Berkeley Internet Name Domain, anteriormente: Berkeley Internet Name Daemon) é o servidor de DNS máis comunmente usado en Internet, especialmente en sistemas Unix, nos cales é un estándar de facto. É patrocinado pola Internet Systems Consortium. BIND foi creado orixinalmente por catro estudantes de grao na Universidade de California, Berkeley e liberado por primeira vez no 4.3BSD. Paul Vixie comezou a mantelo en 1988 mentres traballaba para a DEC.

Unha nova versión de BIND (BIND 9) foi escrita desde cero en parte para superar as dificultades arquitectónicas presentes anteriormente para auditar o código nas primeiras versións de BIND, e tamén para incorporar DNSSEC (DNS Security Extensions). BIND 9 inclúe entre outras características importantes: TSIG, notificación DNS, nsupdate, IPv6, rndc flush, vistas, procesamento en paralelo, e unha arquitectura mellorada en canto a portabilidade. É comunmente usado en sistemas Linux.