Saltar ao contido

Barda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Barda
Imaxe
 Subclase de
Fontes e ligazóns
Freebase/m/077dnv Editar o valor en Wikidata
Enciclopedia Galega Universal: 83334
Wikidata C:Commons

A barda é un arnés ou armadura co que se protexía o peito e o corpo dos cabalos das unidades militares de cabalaría. Foron usadas extensivamente xa dende a antigüidade nos reinos do este como Partia ou Pahlava. Despois das conquistas de Alexandre o Grande o uso destas pezas popularizouse a través do Imperio Seléucida e máis tarde cos catafractos do Imperio Bizantino.[1] Aínda que as súas raíces históricas atópanse nas rexións do que antes foi o Imperio Persa, os cabalos con armadura convertéronse nun símbolo da cabalería de finais da Idade Media europea e da era dos cabaleiros e ordes de cabalaría.

Barda e armadura do século XVI
  1. ↑ Nell, Grant S. (1995). "The Savaran: The Original Knights". University of Oklahoma Press.