Barrio
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Barrio (homónimos).
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
| Barrio | |||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||||
Un barrio é unha parte dunha cidade que reúne unhas características construtivas, funcionais etc. que a identifican e a singularizan dentro da cidade. En ocasións o barrio é, ademais, unha división administrativa da cidade.
Noutro senso tamén podemos referirnos a barrio como a unha zona periférica da poboación, fronte a centro.
Orixe
[editar | editar a fonte]O barrio pode singularizarse dentro da cidade, por múltiples causas:
- Por ser unha zona histórica fronte ás novas urbanizacións que foron medrando na poboación, como por exemplo, a cidade vella de Santiago de Compostela.
- Por ter a súa orixe nun concello anterior que foi asimilado por outro meirande: Bouzas, en Vigo, ou Montmartre en París.
- Por ser lugar habitado por unha poboación cunha orixe étnica ou características propias. Barrios históricos como a xudería de Ribadavia ou a de Praga. Ou, no noso tempo, barrios como Chinatown ou Little Italy en Nova York.
- Por ter unha identidade nacida de tempos gremiais: ferreiros, cesteiros, pescadores. Ou por concentrarse neles unha actividade económica propia, incluso ilegal ou alegal: barrio vermello.

Barrio de Lisboa.
