Saltar ao contido

Bioko Sur

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bioko Sur
 Instancia de
Características
 Lingua usada
Localización
 Situado en
 Capital
 Comparte fronteira con
 OpenStreetMap
Mapa
 Mapas
Mapa de localización
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Superficie
   1.241 km² Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
OpenStreetMap2793217 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/077161 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Bioko Sur é unha das 8 provincias que compoñen a República de Guinea Ecuatorial.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

A provincia localízase xeograficamente entre os 3º 25' N e os 8º 25' L, no golfo de Guinea, distando uns 50 km das costas do Camerún.

Ocupa a parte sur da illa de Bioko, limita ao norte coa provincia de Bioko Norte e ao oeste, sur e leste co océano Atlántico (golfo de Guinea).

A súa capital é a cidade de Luba.

A provincia ten unha extensión de 1 241 km² e, no ano 2015, contaba cunha poboación de 34 674 habitantes,[1] polo que a súa densidade de poboación nese ano era de 28 hab./km2.

Está dominada por dous picos volcánicos, o Pico Biao (2 009 m) e a Gran Caldeira de Luba (2 261 m).[2]

Os principais ríos son o Ole ou Tudela, Moab, Iladyi, Ruma e Tiburones, ríos onde son frecuentes as fervenzas, mesmo na súa foz, e exercen uha forte acción erosiva que pode dar lugar a violentos movementos de terra cando o fluxo se multiplica coas primeiras chuvias.

División administrativa e demografía

[editar | editar a fonte]

A provincia está constituída por dous municipios e os seus correspondentes distritos.[3][4]

DistritosTotalUrbanaRuralSuperficieDensidade
Totalhomesmullereshomesmullereshomesmullereskm²hab./km²
Bioko Sur29 03415 26313 7714 9425 15510 3218 6161 24123
Luba23 87012 45311 4174 4214 5908 0326 82784328
Riaba5 1642 8102 3545215652.2891.78939813
Demografía histórica
Censos
ano
Poboación

198310 969
199412 569
200129 034

Poboacións

[editar | editar a fonte]
  • Luba (con 21 Consellos de Poboados)
  • Riaba (con 14 Consellos de Poboados)
  1. ↑ "Censo de población 2015–República de Guinea Ecuatorial" (PDF) (en castelán). INEGE. p. 7. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 08 de outubro de 2017. Consultado o 22 de xullo de 2012.
  2. ↑ "Bioko - Geography e Geology". Gulf of Guinea Conservation Group. Arquivado dende o orixinal o 10 de outubro de 2007. Consultado o 22 de xullo de 2021.
  3. ↑ Ministerio del Interior y Corporaciones Locales
  4. ↑ Datos de poboación do censo de 2001.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]