Saltar ao contido

Blechnaceae

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Blechnaceae
 Nome taxon
    Blechnaceae
Imaxe
 Instancia de
Características
 Categoría taxonómica
Clasificación taxonómica
 ReinoPlantae
 ClasePolypodiopsida
 OrdePolypodiales
 FamiliaBlechnaceae Editar o valor en Wikidata
Newman, 1844 Blechnaceae Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Freebase/m/06js6j Editar o valor en Wikidata
ITIS17861 Editar o valor en Wikidata
OTT340313 Editar o valor en Wikidata
EOL4507 Editar o valor en Wikidata
WFOwfo-7000000077 Editar o valor en Wikidata
 Descrito pola fonte
Wikidata C:Commons

As blechnáceas (nome científico Blechnaceae) son unha familia de fentos da orde Polypodiales, que na clasificación de Christenhusz et al. 2011[1][2][3] clasifícase aínda cun probábel Blechnum parafilético, como no seu predecesor sistema de Smith et al. (2006).[4]

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

A clasificación de Christenhusz et al. 2011[1] (baseada en Smith et al. 2006[4] e 2008[5]) tamén fornece unha secuencia lineal das licofitas e monilofitas. Máis recentemente, a clasificación do Pteridophyte Phylogeny Group de 2016 (PPG I) mantén a familia, agora con 24 xéneros recoñecidos.[6]

  • Familia 39. Blechnaceae Newman, Hist. Brit. Ferns, ed. 2: 8 (1844). Sinónimo: Stenochlaenaceae Ching, Acta Phytotax. Sin. 16: 18 (1978).
2–9 xéneros (Blechnum, Brainea, Pteridoblechnum, Sadleria, Salpichlaena, Stenochlaena, Woodwardia). Referencias: Nakahira (2000), Cranfill (2001), Cranfill & Kato (2003).
Nota: O xénero Doodia está incluído en Blechnum (Shepherd et al. 2007). Blechnum na súa circunscrición actual, aínda incluíndo a Doodia, probabelmente sexa parafilético. O estado doutros xéneros como Brainea, Pteridoblechnum, Sadleria, Salpichlaena e Stenochlaena aínda non está claro, mais algúns destes probabelmente deban ser incluídos en Blechnum sensu lato (véxase Cranfill 2001). Necesítanse máis estudos na delimitación dos xéneros desta familia.

Clasificación sensu Smith et al. 2006

[editar | editar a fonte]

Localización taxonómica:

Plantae (clado), Viridiplantae, Streptophyta, Streptophytina, Embryophyta, Tracheophyta, Euphyllophyta, Monilophyta, Clase Polypodiopsida, Orde Polypodiales, Familia Blechnaceae.

Sinónimo: Blechnoides.

Incluíndo Stenochlaenaceae.

No ano 2006, 9 xéneros recoñecidos (Smith et al. 2006):

  • Blechnum sensu lato (A meirande parte dos xéneros recoñecidos de blechnáceas aníñanse dentro de Blechnum sensu lato, e a aceptación de cada un deles como xénero ou non, dependerá dunha revisión da circunscrición de Blechnum sensu lato, que é manifestamente parafilético tal como se usa hoxe en día -Nakahira 2000, Cranfill 2001-).
  • Brainea
  • Doodia
  • Pteridoblechnum
  • Sadleria
  • Salpichlaena
  • Steenisioblechnum
  • Stenochlaena
  • Woodwardia (incl. Anchistea, Chieniopteris, Lorinseria. Semella ser unha póla temperá dentro da familia -Cranfill e Kato 2003-).

Arredor de 250 especies na familia.[7]

Filoxenia

[editar | editar a fonte]

Monofilético, irmán de Onocleaceae (Hasebe et al. 1995, Cranfill 2001, Cranfill e Kato 2003).

Caracteres

[editar | editar a fonte]

Coas características de Pteridophyta.

Rizomas rasteiros, ascendentes ou erectos, ás veces arborescentes, normalmente con estolóns. Con escamas non clatradas no ápice do rizoma e nas láminas. Pecíolos con numerosos feixes vasculares que nun corte transversal (preto do raque) son redondos e ordénanse a xeito de anel.

Follas monomórficas ou normalmente dimórficas. Veas pinadas ou bifurcadas, ceibas a varias veces anastomosadas. Areolas sen veíñas inclusas. Nas follas fértiles as areolas forman areolas costulares que portan os soros. Soros en cadeas ou lineais, normalmente paralelos e adxacentes á vea media. Con indusio lineal que se abre cara á vea media (cara a dentro).

Esporanxios con pé de 3 filas de células de espesor. Pé curto ou longo.

Esporas reniformes, con marca monolete. Perina (perisporio) alada.

Gametofitos verdes, cordados.

Número de cromosomas: x = 27, 28, 31-37 (en Blechnum e os seus segregados, e en Woodwardia), e x = 40 (en Salpichlaena).

  1. 1 2 Christenhusz, M. J. M., Zhang, X.-C. & Schneider, H. (2011). "A linear sequence of extant families and genera of lycophytes and ferns". Phytotaxa 19: 7–54.
  2. ↑ Christenhusz, M. J. M., Chase, M. W. & Fay, M. F. (2011). "Preface to "Linear sequence, classification, synonymy, and bibliography of vascular plants: Lycophytes, ferns, gymnosperms and angiosperms"". Phytotaxa 19.
  3. ↑ Christenhusz, M. J. M. & Schneider, H. (2011). "Corrections to Phytotaxa 19: Linear sequence of lycophytes and ferns". Phytotaxa 28: 50–52.
  4. 1 2 Smith, A. R., Pryer, K. M., Schuettpelz, E., Korall, P., Schneider, H. & Wolf, P. G. (2006). "A classification for extant ferns". Taxon 55(3): 705–731.
  5. ↑ Smith, A. R., Pryer, K. M., Schuettpelz, E., Korall, P., Schneider, H. & Wolf, P. G. (2008). "Fern classification". En Ranker, T. A. & Haufler, C. H. (eds.), Biology and Evolution of Ferns and Lycophytes, pp. 417–467. Cambridge: Cambridge University Press.
  6. ↑ PPG I (2016). "A community-derived classification for extant lycophytes and ferns". Journal of Systematics and Evolution 54(6): 563–603.
  7. ↑ de Gasper, A. L., Dittrich, V. A. O., Smith, A. R. & Salino, A. (2016). "A classification for Blechnaceae (Polypodiales: Polypodiopsida): New genera, resurrected names, and combinations". Phytotaxa 275(3).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Pryer, Kathleen M., Harald Schneider, Alan R. Smith, Raymond Cranfill, Paul G. Wolf, Jeffrey S. Hunt e Sedonia D. Sipes. 2001. "Horsetails and ferns are a monophyletic group and the closest living relatives to seed plants". Nature 409: 618-622 (resumo en inglés aquí).
  • Pryer, Kathleen M., Eric Schuettpelz, Paul G. Wolf, Harald Schneider, Alan R. Smith e Raymond Cranfill. 2004. "Phylogeny and evolution of ferns (monilophytes) with a focus on the early leptosporangiate divergences". American Journal of Botany 91:1582-1598 (resumo en inglés aquí Arquivado 26 de agosto de 2010 en Wayback Machine.).
  • A. R. Smith, K. M. Pryer, E. Schuettpelz, P. Korall, H. Schneider, P. G. Wolf. 2006. "A classification for extant ferns". Taxon 55(3), 705-731 (pdf aquí)

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]