Saltar ao contido

CONTOUR

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
CONTOUR
Imaxe
 Instancia de
 Parte de
Implicados
 Operador/a
 Fabricante
Datas
 Disolución / destrución
15 de agosto de 2002 Editar o valor en Wikidata
 Lanzamento
3 de xullo de 2002 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Acontecementos importantes
 Precedido por
 Sucedido por
Localización
 Lugar de saída
 País de orixe
Cifras e dimensións
 Masa
Fontes e ligazóns
Freebase/m/0lb8r Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

CONTOUR foi unha sonda espacial do programa Discovery da NASA lanzada o 3 de xullo de 2002 mediante un foguete Delta 7425 desde o centro espacial de Cabo Cañaveral para estudar dous cometas. Perdeuse contacto con ela despois do acendido do motor de inxección interplanetaria, aos 45 días de inserirse en órbita terrestre.[1][2][3]

Características

[editar | editar a fonte]

CONTOUR (acrónimo de Comet Nucleus Tour) foi lanzada para sobrevoar polo menos dous cometas, o cometa Encke en novembro de 2003 e o Schwassmann-Wachmann-3 en xuño de 2006. Foi enviada a órbita terrestre sen problemas mediante un foguete Delta 7425 o 3 de xullo de 2002 e permanaceu nesa órbita ata que as condicións foron adecuadas para ser inxectada nunha órbita interplanetaria, 45 días despois. O 16 de agosto acendeuse o motor da sonda, perdéndose o contacto coa mesma. En imaxes tomadas desde terra víronse tres obxectos onde debería estar CONTOUR, e o sistema de detección de mísiles norteamericano detectou un flash tres segundos antes do momento no que debería ter terminado a ignición do motor. A conclusión é que o motor estoupou mentres estaba acendido, destruíndo a sonda.[1][2][3]

CONTOUR levaba a bordo catro instrumentos científicos que deberían ter servido para estudar os cometas, a súa orixe e a súa evolución.[1][2][3]

  1. 1 2 3 NASA (20 de marzo de 2019). "CONTOUR" (en inglés). Consultado o 22 de abril de 2019.
  2. 1 2 3 Mark Wade (2019). "Contour" (en inglés). Consultado o 22 de abril de 2019.
  3. 1 2 3 Gunter Dirk Krebs (2019). Gunter's Space Page, ed. "CONTOUR (Discovery 6)" (en inglés). Consultado o 22 de abril de 2019.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]