Castelo de Kronborg
| Castelo de Kronborg | |||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| Wikidata G:Commons C:Commons | |||||||||||||||||


Modelo:Stack end O castelo de Kronborg é un castelo e unha fortaleza histórica situada preto de Helsingør, na illa de Selandia, en Dinamarca. É un do tres monumentos dinamarqueses declarados Patrimonio da Humanidade pola UNESCO no ano 2000, xunto á catedral de Roskilde e as ruínas e tumbas da igrexa de Jelling. É o lugar onde acontece Hamlet, a obra de Shakespeare. Na devandita obra, o Castelo de Kronborg aparece como "Elsinore".
O castelo atópase no extremo nordeste da illa de Selandia, no punto máis estreito do Øresund, o estreito que separa a actual Dinamarca das provincias que hoxe pertencen a Suecia. Estas últimas estaban baixo control dinamarqués na época en que se construíu o castelo. Neste punto, o estreito ten só 4 km de anchura, de aí a importancia estratéxica de manter unha fortificación costeira neste lugar, que domina unha das poucas saídas do mar Báltico.
A historia do castelo remóntase a unha fortaleza, chamada Krogen, construída polo rei Erico VII na década de 1420. Xunto coa fortaleza de Kärnan en Helsingborg, na costa oposta do Øresund, controlaba a entrada ao mar Báltico. Entre 1574 e 1585, o rei Frederico II mandou transformar radicalmente a fortaleza medieval nun magnífico castelo renacentista. Os arquitectos principais foron os flamengos Hans Hendrik van Paesschen e Anthonis van Obbergen. A obra escultórica coordinouna Gert van Groningen.
En 1629, un incendio destruíu gran parte do castelo, pero o rei Cristián IV mandouno reconstruír posteriormente. O castelo conta cunha igrexa no seu interior. En 1658, Kronborg foi asediado e capturado polos suecos, que levaron moitos dos seus valiosos tesouros artísticos como botín de guerra.
En 1785, o castelo deixou de ser residencia real e converteuse en cuartel para o Exército. O Exército abandonou o castelo en 1923. Tras unha profunda restauración, o complexo abriuse ao público.
Historia
[editar | editar a fonte]Krogen
[editar | editar a fonte]A historia do castelo remóntase a unha fortaleza, Krogen (literalmente "o Gancho"), construída a principios do século XV polo rei de Dinamarca, Erik de Pomerania. O monarca esixía o pagamento de dereitos de paso, coñecidos como dereitos do Sund, a todos os barcos que desexasen entrar ou saír do mar Báltico a través do Øresund, para facer cumprir as súas esixencias, construíu unha poderosa fortaleza no punto máis estreito do estreito. Naquela época, o Reino de Dinamarca estendíase por ambas as beiras do estreito. Na costa oriental, o castelo de Helsingborg funcionaba desde a Idade Media. Con ambos os castelos e un buque de vixilancia, Dinamarca podía controlar toda a navegación a través do estreito. O castelo construíuse en «Ørekrog», unha lingua de terra areosa que se estendía cara ao mar desde a costa de Selandia en dirección á costa de Escania. O castelo consistía nunha muralla defensiva de planta cadrada, no interior da cal se atopaban varios edificios de pedra. O edificio de pedra situado no ángulo nordeste albergaba a residencia do rei. O edificio do ángulo suroeste contiña un gran salón de banquetes abovedado. O edificio do ángulo sueste servía, posiblemente, de capela. Gran parte das murallas de Krogen consérvanse dentro do actual castelo de Kronborg.[1]
O rei Cristián III mandou engadir bastións nos ángulos da muralla defensiva entre 1558 e 1559.
Kronborg na actualidade
[editar | editar a fonte]
O castelo de Kronborg atópase no extremo nordeste da illa de Selandia, ao nordeste do centro histórico da localidade de Helsingør. Sitúase a unha altitude de 12 metros,[2] nunha pequena península que se proxecta cara ao punto máis estreito do Øresund, o estreito situado entre a illa dinamarquesa de Selandia e a provincia sueca de Escania, que tamén foi dinamarquesa ata 1658. O acceso desde a localidade realízase polo leste, cunha serie de foxos e portas que protexen o camiño desde a vila ata o propio castelo.
Aposentos reais
[editar | editar a fonte]
Os aposentos reais sitúanse no primeiro andar da ala norte. Foron amoblados orixinalmente por Federico II arredor de 1576, porén, tras o incendio de 1629, Cristián IV mandou amoblar de novo os aposentos e decoralos ricamente con pinturas nos teitos, portais de pedra e chemineas. Os chans orixinais, que tiñan baldosas brancas e negras, substituíronse por táboas de madeira entre 1760 e 1761, e as paredes revestíronse con coiro dourado. Hoxe en día, as estancias están amobladas con pezas de orixe neerlandesa do século XVII.
A Cámara do Rei conta cunha ventá mirador, situada xusto enriba da entrada principal do castelo, desde a cal o monarca podía vixiar a chegada dos convidados, pola súa banda, a Cámara da Raíña ten acceso a unha estancia abovedada nunha torre con vistas ao Bastión da Bandeira.
Salón de baile
[editar | editar a fonte]
Cunhas dimensións de 62 por 12 metros, o Salón de Baile era a sala máis grande do norte de Europa cando se completou en 1582. As paredes están decoradas cunha serie de grandes pinturas, realizadas orixinalmente entre 1618 e 1631 para o Gran Salón do Castelo de Rosenborg, en Copenhague. As pinturas do Salón de Baile inclúen:[3] Nenos camiño da escola, de Francis Cleyn, Actividades femininas, de Reinhold Timm, O xogo do anel a cabalo, de Reinhold Timm, Unha escola de nenos, de Francis Cleyn, Unha voda nunha igrexa, de Francis Cleyn, Unha academia para nobres, de Reinhold Timm e Un banquete (1622), de Isaac Isaacsz}. O chan actual e as chemineas proceden da reconstrución levada a cabo entre 1924 e 1938.
Sala Pequena
[editar | editar a fonte]
As paredes da Sala Pequena están decoradas con sete tapices, procedentes orixinalmente dunha serie de corenta pezas que representaban cen reis dinamarqueses. Entre as obras mestras figuran o tapiz que representa a Oluf (1376–1387) e o tapiz que representa a Knud VI (1182–1202).[3] Estes tapices encargounos por Frederico II arredor de 1580. Outros sete tapices atópanse no Museo Nacional de Dinamarca, mentres que o resto perdéronse.
Capela
[editar | editar a fonte]
A capela atópase na planta baixa da ala sur e inaugurouse en 1582. En 1785, mentres o castelo se adaptaba para servir como cuartel militar, a capela acondicionouse como ximnasio e sala de esgrima, e o mobiliario retirouse e gardouse. En 1838, a capela volveu ser amueblada co seu mobiliario orixinal e reinaugurouse en 1843.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Castelo de Kronborg |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- ↑ Nielsen, Heidi Maria Møller (2008). "Krogen: The Medieval Predecessor of Kronborg" (PDF). Château Gaillard: Études de castellologie médiévale 23: 315–328. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 2022-10-09.[Ligazón morta]
- ↑ "Kronborg Elevation and Location". Arquivado dende o orixinal o 2016-10-07. Consultado o 2015-02-26.
- 1 2 "Photographs of the city of Helsingør, novembro de 2016". Independent Travellers. independent-travellers.com. Consultado o 22 de xullo de 2017.
