Os Chelidae son unha familia da orde das tartarugas (Orde Testudinata), tamén chamadas tartarugas pescozo de serpe. O nome deriva do pescozo, que é relativamente cumprido e estreito.
A familia está constituída por cerca de 44 especies clasificadas en polo menos 12 xéneros distribuídos por Australia, Papúa-Nova Guinea e América do Sur. O hábitat preferencial está nas selvas, xunto de ríos de curso lento, lagoas rasas e terreos pantanosos. A cuncha dos Chelidae é ovalada e de cor escura. A maioría das especies do grupo son carnívoros e aliméntanse de vermes, moluscos, pequenos peixes, vexetais, crustáceos e insectos; existen tamén especies omnívoras.