Chiba (千葉市, ちばし, Chiba-shi) é un concello e cidade do Xapón, capital da prefectura de Chiba. Está situado no centro-sur da rexión de Kanto e no centro da prefectura, na parte leste da illa de Honshu. Ten 272,08km² de superficie, unha poboación de 949.730 habitantes (2009) e unha densidade de poboación de 3.490 hab./km².