Saltar ao contido

CloudSat

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
CloudSat
 Nome orixinal
    CloudSat (en) Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Parte de
Características
 Impulsado por
 Plataforma de satélite
 Tipo de órbita
 Tipo de órbita
Implicados
 Operador/a
 Fabricante
Datas
 Lanzamento
28 de abril de 2006 Editar o valor en Wikidata
Historia
Localización
 Lugar de saída
 País
Cifras e dimensións
 Altura
   2,8 m Editar o valor en Wikidata
 Anchura
   2,3 m Editar o valor en Wikidata
 Lonxitude
   2,3 m Editar o valor en Wikidata
 Masa
   999 kg peso de lanzamento Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Freebase/m/095_7c Editar o valor en Wikidata
 Páxina WEB
Wikidata C:Commons

CloudSat é un satélite artificial da NASA lanzado o 28 de abril de 2006 mediante un foguete Delta II 7420 desde a base Vandenberg da Forza Aérea xunto co satélite CALIPSO.[1][2]

Características

[editar | editar a fonte]

Cloudsat foi seleccionada como unha misión de observación terrestre pola NASA en 1999 para afondar no coñecemento da estrutura, abundancia, distribución e propiedades radiativas das nubes. A misión do satélite, baseado no bus BCP-2000, é medir a altura e propiedade das nubes, determinar a súa estrutura vertical e estudar a dinámica dos sistemas de nubes mediante o primeiro radar de nubes en lonxitudes de onda milimétricas en voar ao espazo.[2] Xunto cos satélites CALIPSO, Aqua, PARASOL e Aura, forma o chamado A-Train, un sistema de satélites que comparten órbita heliosincrónica e que estudan conxuntamente a Terra desde unha altura duns 705 km.[1][3]

Instrumentos

[editar | editar a fonte]

O único instrumento de CloudSat é un radar denominado CPR (acrónimo de Cloud Profiling Radar) que funciona en lonxitudes de onda milimétricas, a unha frecuencia de 94 GHz, e que mide a enerxía retrodispersada polas nubes en función da súa distancia.[2][3]

As características do CPR son:[3]

  • Frecuencia de traballo: 94 GHz
  • Anchura do pulso: 3,3 microsegundos
  • Ventá de datos: 0–25 km
  • Tamaño da antena: 1,95 m
  • Rango dinámico: 70 dB
  • Tempo de integración: 0,3 segundos
  • Resolución vertical: 500 m
  • Resolución cruzada: 1,4 km
  • Resolución ó longo: 2,5 km
  • Taxa de datos: 15 kbps
  1. 1 2 NASA (4 de novembro de 2011). "Cloudsat" (en inglés). Consultado o 1 de xaneiro de 2012.
  2. 1 2 3 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "Cloudsat (ESSP 4, P00-4)" (en inglés). Consultado o 1 de xaneiro de 2012.
  3. 1 2 3 Mark Wade (2011). "Cloudsat" (en inglés). Consultado o 1 de xaneiro de 2012.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]