Saltar ao contido

Comarca da Coruña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Comarca da Coruña
Imaxe
 Instancia de
Localización
 Situado en
 Capital
 Contén división administrativa
 Mapas
Mapa de localización
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
406.873 (2020)
413.977 (2024) sumatorio Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   469,78 km² Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
VIAF316431062 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/026x13h Editar o valor en Wikidata
Enciclopedia Galega Universal: 106419 Galiciana: 29262 BNE: XX461845
Wikidata C:Commons
Concellos da Comarca da Coruña
1.Abegondo
2.Arteixo
3.Bergondo
4.Cambre
5.Carral
6.A Coruña
7.Culleredo
8.Oleiros
9.Sada
Aneis metropolitanos da Coruña.

A comarca da Coruña é unha comarca galega situada na provincia da Coruña e a súa capital é A Coruña. Limita ao norte co océano Atlántico, ao sur coa comarca de Ordes, ao leste coa comarca de Betanzos e ao oeste coa comarca de Bergantiños.

Abarca unha superficie de 469,78 km²,[1] e no 2020 tiña 406.873 habitantes distribuídos en nove concellos: Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, A Coruña, Culleredo, Oleiros e Sada.

Territorio e superficie

[editar | editar a fonte]

Unha característica común dos concellos costeiros do "Arco Ártabro" é a da súa reducida extensión, regra que sen problemas se pode empregar cos concellos que conforman a comarca da Coruña. De tódolos xeitos os seus 469,78 km² de extensión repártense de maneira desigual entre os seus concellos, dende o máis pequeno, Sada, que abrangue unha superficie de 27,49 km²,[2] ata o máis grande, o xa plenamente atlántico Arteixo, que ten unha superficie de 93,68 km².[3]

No ano 2020, o concello máis densamente poboado, o da Coruña, acumula 6.545,18 habitantes/km² nos seus 37,83 km² de extensión,[4] o que lle confire o título de concello con maior densidade de poboación de Galicia. Tamén a comarca da Coruña é a máis densamente poboada de toda Galicia cunha densidade de poboación de 866,09 persoas por quilómetro cadrado.

Poboación

[editar | editar a fonte]

A comarca da Coruña é a segunda comarca máis poboada de Galicia por detrás da comarca de Vigo. Os datos sobre a súa demografía mostrados nesta sección proveñen do Instituto Galego de Estatística.[1]

Padrón municipal 2020 406.873 habitantes
Menores de 15 anos 56.025 (13.77 %)
Entre 16 e 64 anos 258.086 (63.43 %)
Maiores de 65 anos 92.762 (22.80 %)

Evolución nos últimos lustros[5]

[editar | editar a fonte]
Concello199119962001200620112016 2020
Abegondo5.4665.4675.6945.7735.7095.533 5.398
Arteixo17.93120.89822.70926.73930.48231.239 32.738
Bergondo5.3925.7326.1796.5396.7226.656 6.661
Cambre12.33014.97218.69122.09223.64924.141 24.594
Carral5.2295.1845.2825.5796.0646.172 6.473
A Coruña246.953243.785239.434243.320246.028243.978 247.604
Culleredo14.63118.51322.07626.54729.20729.638 30.685
Oleiros18.48023.05726.88631.26434.13335.013 36.534
Sada8.9359.99711.35113.13414.87015.150 16.186
Total335.347347.605358.302380.987396.864397.520 406.873

(Fonte: IGE - Instituto Galego de Estatística)

Concellos

[editar | editar a fonte]
  1. 1 2 "IGE - Información comarcal". www.ige.eu. Arquivado dende o orixinal o 08 de decembro de 2021. Consultado o 2021-04-10.
  2. ↑ "IGE - Información municipal". www.ige.eu. Arquivado dende o orixinal o 08 de decembro de 2021. Consultado o 2021-04-10.
  3. ↑ "IGE - Información municipal". www.ige.eu. Arquivado dende o orixinal o 08 de decembro de 2021. Consultado o 2021-04-10.
  4. ↑ "IGE - Información municipal". www.ige.eu. Arquivado dende o orixinal o 08 de decembro de 2021. Consultado o 2021-04-10.
  5. ↑ [1506:15001:15005:15008:15017:15021:15030:15031:15058:15075&C=0[1991:1996:2001:2006:2011:2016:2020]&F=&S=&SCF= Series históricas de poboación. Poboación para Galicia, provincias, comarcas e concellos] IGE. Consultado o 10/04/2021.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre comarcas de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.