Único órgano do Centro de Estudos Xacobeos e do Instituto Teolóxico Compostelán. Comeza a publicarse en 1956 e publica ao ano catro volumes; dous de investigación teolóxica (Sección de Ciencias Eclesiásticas) e dous de estudos históricos (Sección de Estudios Jacobeos), preferentemente sobre o tema de Santiago na historia. Trata temas como a peregrinación cristiá, a igrexa católica, relixión ou arquitectura relixiosa. O primeiro número da revista foi publicado no primeiro trimestre de 1956, baixo a dirección do profesor Manuel Rey Martínez.
Compostellanum alterna temática, equipo de redacción (e cabeceira).
Esta revista foi fundada polo mesmo creador do Centro, o cardeal Fernando Quiroga Palacios, o cal dixo explicitamente no número 1 da publicación que «a revista quería ser un vehículo portador das inquietudes e dos traballos e investigacións dos profesores do noso seminario e doutros estudosos, sacerdotes e segrares, no que se refire ás ciencias sagradas e ás profanas, en canto con aquelas se relacionan».
Trátase dunha publicación que mantivo vivo o estudo e espírito do fenómeno xacobeo nos últimos 50 anos. Nela, publicáronse traballos de gran calado científico sobre as investigacións torno o sepulcro de Santiago. Moitos destes traballos seguen a ser referencia obrigada para os estudosos do feito Xacobeo.