Saltar ao contido

CoroCoro Comic

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
CoroCoro Comic
 Título
    月刊コロコロコミック (ja) Editar o valor en Wikidata
Logotipo
Imaxe
 Instancia de
Características
 Público obxectivo
 Lingua
 Campo de traballo
Implicados
 Editorial
Datas
 Fundación / creación
15 de maio de 1977 Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
 Total producido
   330.000 (2022) Editar o valor en Wikidata
Localización
 País de orixe
Fontes e ligazóns
OCLC899296694 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/09hgy2 Editar o valor en Wikidata
 Páxina WEB
Wikidata C:Commons

CoroCoro Comic (コロコロコミック KoroKoro Komikku?) é unha revista manga xaponesa de periodicidade mensual publicada por Shogakukan[1] e estabelecida o 15 de maio de 1977. O seu público principal son os estudantes de escola primaria, lectores máis novos cós de manga shōnen. Algunhas das súas propiedades, como Doraemon ou a serie de videoxogos de Pokémon, convertéronse en fenómenos culturais do Xapón.

O nome provén de korokoro (ころころ?) que quere dicir "rodando" e tamén representa ó esférico, regordecho ou pequeno, xa que se supón que ós nenos lles gustan ese tipo de cousas. A revista ten un formato A5, uns 6 cm de grosor, e cada número ten 750 páxinas. CoroCoro Comic publícase mensualmente cada día 15 (ou un pouco antes se o día 15 cadra en fin de semana).

  1. ↑ Schodt, Frederik L. (1996). Dreamland Japan: writings on modern manga. Stone Bridge Press. p. 83. ISBN 1-880656-23-X.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]