A illa de Damar (en indonesio: Pulau Damer) é unha pequena illa volcánica do grupo das illas de Barat Daya (literalmente suroeste) da provincia indonesia das Molucas, no lado sur do mar de Banda. Rodeada por catro illas máis pequenas - unha ao leste, unha ao oeste e dúas ao sur, conxuntamente conforman as illas de Damar, e constitúense nun distrito administrativo dentro da rexencia de Maluku Barat Daya. O distrito ten unha área terrestre de 392.29 km2 e tiña unha poboación de 5.659 habitantes en 2013.
Damar ten sobre 20km de longo por 18km de largo. Atópase a uns 125km ao leste de Romang e 200km ao leste de Wetar. A parte setentrional da illa foi amplamente deforestada para agricultura de secaño de cocos, anacardios, cafeeiras, cacaos, craveiros e da noz moscada, mentres que a parte sur está principalmente forestal. A poboación concéntrase do norte e leste da illa, sendo a maioría dos habitantes da illa labregos e mariñeiros.[1] O punto máis alto da illa está a 868m, o monte de Wurlali, un estratovolcánandesítico .[2]