A partir do 1 de xaneiro de 2009 trala fusión coa comuna de Wiesen, Davos converteuse na comuna máis grande de Suíza, quitándolle o posto á comuna valesana de Bagnes.
Davos é famoso por ser a sede do encontro mundial do Foro Económico Mundial, no que se reúnen as elites sociais e económicas do mundo. Tamén é famosa pola celebración de eventos de deportes de inverno, como a Copa Spengler, o torneo de clubs máis antigo de hóckey sobre xeo.
Davos non é só un dos maiores lugares de vacacións de montaña, de deportes e de congresos nos Alpes, senón tamén a cidade de Europa de maior altitude (1560 - 2844 metros, 5100 - 9300 pés). Davos atópase na parte suroriental de Suíza, no cantón dos Grisónss. O idioma oficial é o alemán. Davos é un lugar multicultural; practicamente todo o mundo pódese entender en inglés, francés ou italiano.
A Davos chégase comodamente desde todas partes en automóbil ou en tren. O aeroporto máis próximo é o Zürich, a viaxe en auto desde alí dura 2 horas e en tren tárdase 2 horas e 30 minutos.