Saltar ao contido

Dinar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dinar
Imaxe
Dinar cuñado a nome de Al-Hakam II en Madīnat al-Zahrā, no ano 358 da Héxira
 Instancia de
 Subclase de
 Epónimo
Características
 Lingua
Localización
 Mapas
Mapa de distribución
Fontes e ligazóns
Freebase/m/01kvn8 Editar o valor en Wikidata
Enciclopedia Galega Universal: 114416
Wikidata C:Commons

O dinar é a unidade monetaria de diversos estados do mundo, a maioría dos cales de lingua árabe[1] ou que antigamente formaran parte do Imperio Otomán, xa que historicamente foi usado en terras musulmás, desde tempos do Califato Abbásida de Bagdad.

A palabra "dinar" (دينار en árabe e en persa) ten a mesma orixe que o vocábulo diñeiro, xa que ambas as dúas derivan do denario (denarius) romano.

O dinar ten a súa orixe na antiga moeda sasánida e araboislámica de ouro que se empezou a cuñar a finais do século VII, e que tiña un peso que, segundo as épocas, oscilaba entre os 3,85 g e os 4,25. Nos seus inicios era unha imitación dos modelos bizantinos, pero pronto adquiriu carácter propio e definido, até o punto que foi imitado fóra dos territorios califais.

Estados que usan o dinar como moeda

[editar | editar a fonte]
Moeda e billete con valores faciais en dinares tunisianos

Estados e territorios que usaron noutros tempos o dinar como moeda

[editar | editar a fonte]
Moeda dun dinar iugoslavo de 1984
  1. ↑ "Dinar". academia.gal. Consultado o 4 de decembro de 2021.
  2. ↑ González Rei, Begoña (2004). Ortografía da lingua galega. A Coruña: Galinova Editorial. ISBN 84-9737-041-4.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]